Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/202-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. A Cañiza-A Franqueira.

Situación: concello da Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, con conductor tipo LA-56, de 836 m de lonxitude, sobre apoios de formigón e celosía, desde o apoio 93 ó 98 da L.M.T. A Cañiza-A Franqueira, concello da Cañiza.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, pre

senta alegacións a Xunta de MM.VV. en man común de Santiago de Parada, como propietaria dos predios números 1, 9 e 18, alegando que a relación de bens non é correcta e xuntando informe pericial de ocupación dos predios.

Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta contesta que a afección non se corresponde coa que se reflicte no informe presentado pola xunta de montes, xa que é de 536 m de voo, sendo a superficie de ocupación da liña de 8 m a cada lado de eixe en zona de arboredo e 5 m en prado. Trasladado o escrito da empresa á xunta de montes, esta segue mostrando desconformidade co terreo afectado, polo que se traslada o escrito a Unión Fenosa, insistindo esta en que os metros da liña son 835, xuntándolle ó escrito plano de situación e perfil da obra. Trasladouse este último escrito á xunta de montes sen que esta presentase novas alegacións.

Considerando que das manifestacións vertidas pola xunta de montes e pola compañía subministradora non hai oposición á realización da obra senón á posible afección dela, o que poderá poñerse de manifesto no levantamento da acta previa de ocupación.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización queda condicionada a que na expropiación correspondente se considerará para efectos de compensación a lonxitude real e se estimará para o cálculo da superficie afectada 5 metros a cada lado da liña en zona non arborizada e de 8 m no caso contrario.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 13 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra