Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7022; XG-396, A Coruña a Vigo e a Muros, con anexos e anexos-desviación.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres,

e no seu regulamento de execución, aprobado por Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante o establecemento de expedicións directas entre A Coruña e as localidades comprendidas no tramo Santiago-Ourense, dentro da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7022; XG-396, A Coruña a Vigo e a Muros, con anexos e anexos-desviación, da titularidade da empresa Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer en forma no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña, Pontevedra (estación de autobuses) e Ourense (r/ Curros Enríquez, 1, entreplanta), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes