Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/97-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 39, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Souto.

Situación: concello de Moraña.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1,185 km de lonxitude con conductor tipo LA-56, desde o apoio 15 da L.M.T. Segade ata o C.T. Souto. L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,23 km de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z. desde o apoio número 4 ata o apoio 5 da L.M.T. proxectada Souto, no concello de Moraña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra