Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 30 de maio de 2000 Páx. 8.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/99-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón 39, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución Avda. de Galicia-centro saúde.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea a 15 kV de 414 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. TRO 716, entre os CC.TT. Caños e Avda. de Galicia ata o C. distribución no centro de saúde da Avda. de Galicia, rematando no punto de inicio da liña, concello de Vigo. C. distribución cun conxunto de celas compactas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra