Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.329

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe. (Expediente IN407A 98/282-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. A Costeira.

Situación: Redondela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa, a 15 kV, de 60 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. RDN 7.04 rematando no C.T. que se proxecta na Costeira, concello de Redondela. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, de 2.665 m de lonxitude o tramo que parte do C.T. Quintela I e 740 m de lonxitude o tramo que parte do C.T. A Costeira.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios nº 1 e 2 para que a liña sexa desviada e cause menos dano nos seus predios. Trasladado o escrito á empresa eléctrica, esta informa que o trazado é o menos prexudicial para o conxunto da zona e que o entrocamento está situado no lindeiro entre os predios 1 e 2. Deuse traslado do escrito da empresa ós afectados.

Considerando que a liña proxectada pasa polo lindeiro entre os predios 1 e 2, que os ditos predios xa teñen imposta unha servidume sensiblemente paralela, que por esta pasa un regato e unha liña de baixa tensión e que non se indica que se vaia dedicar a usos distintos dos actuais e que en principio non se vería afectado, e que en ningún momento se recibiu o bosquexo mencionado malia o seu reiterado requirimento.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 12 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra