Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/126-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

-Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

-Enderezo Social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

-Denominación: L.M.T. derivación Viladesuso-O Porto.

-Situación: Oia.

-Descricións técnicas:

L.M.T. área núa, a 20 kV, de 517 m de lonxitude, on conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 2 da L.M.T. Ros 8.06 na súa derivación o C.T. Laxes, rematando no C.T. existente de Viladesuso-O Porto, concello de Oia.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios 3, 5 e 7. O propietario do número 3 solicita que se leve a liña polo camiño público e que se anule o procedemento, xa que non se lle comunicou a afección. O propietario do número 5 alega que o predio quedará inservible unha vez que o cruce a liña, solicitando que se anule esta situación e se busque outra nova. O propietario do número 7 alega que o valor da súa propiedade se verá diminuído polo paso da liña, polo que solicita que se faga un novo proxecto que lle prexudique menos.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica, esta informa de que o trazado elixido é o menos prexudicial para a zona, que a servidume de paso dunha liña non lle impide ó dono do predio servinte cercalo, plantar ou edificar nel, deixando a salvo a dita servidume, que o dono do predio servinte pode solicita-lo cambio do trazado da liña se non existen dificultades técnicas, acreditando previamente a conformidade dos novos propietarios afectados, que a afección do predio número 3 é de voo (38 ml e 350 m) que a lonxitude total da liña é de 517 m e 5 apoios, e que no predio número 7 a liña pasa próxima ó lindeiro oeste (cos predios 8 e 9). Trasladouse copia dos escritos da empresa eléctrica a cada un dos alegantes, sen que estes presentaran novo escrito de alegacións.

Considerando que ó propietario do predio número 3 lle foi notificada a afección o 29-12-1998 segundo consta no xustificante de recepción e que o desvío polo camiño público significaría un aumento en lonxitude e custo superior ó 10% que marca o artigo 26 do Decreto 26/1966.

En canto á alegación do titular do predio número 5, hai que considerar que non se fai proposta definida ningunha polo que, en principio, non se pode determina-la posibilidade mencionada e igualmente ocorre coa propietaria do predio número 7, que tampouco indica alternativa ningunha.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación, desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 12 de abril de 2000.

Carmen Blanchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra