Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 18 de abril de 2000, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-01421-O-1999 e cinco máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, dispoñen dun prazo de quince días para o seu pagamento en voluntaria, facendo efectiva a multa mediante ingreso a favor do Tesouro da Facenda galega, conta de recadación de multas e sancións nº 1302 6000 08 13.763.620, da Caixa Postal de Aforros.

Transcorrido este prazo, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12).

E para que conste e lles sirva de notificación ós/ás denunciados/as de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da citada lei, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 18 de abril de 2000.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

XC-01421-I-1999

C-0545-AW

AO3PGO12567.

José Manuel Lojo Lojo

Estatuto de Galicia, 26, 4º

15930 Boiro (A Coruña).

Non face-lo visado da autorización no prazo regulamentario.Artigo 46 do R.D.

1211/1990.

Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

25.000 ptas.
XC-02167-O-1999

C-0545-AW

G.C. de Tráfico.

Segundo Rodríguez, S.L.

Pino do Val, s/n

15258 Muros (A Coruña).

Circular transportando traballadores da empresa desde Sada ata Outes carecendo dos distintivos.

9-9-1999; 19.40; C-550; 7.

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro).Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.15.000 ptas.
XC-02385-O-1999

C-7809-BU

G.C. de Tráfico.

Manuel Outeiral Pose

Riveiriña, s/n

15940 A Pobra do Caramiñal

(A Coruña).

Transportar 96 kg de peixe desde Boiro a Ribeira, carecendo da tarxeta de transporte.

25-9-1999; 9.18; C-550; 25.

Artigo 103 da

Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

15.000 ptas.
XC-02533-O-1999

C-7350-CB

G.C. de Tráfico.

Enrique Ferreruela Fernández

Madrid R.4.1, 11F 2-B

15703 Santiago de Compostela

(A Coruña).

Circular transportando productos téxtiles desde Santiago de Compostela a Santa Comba, carecendo de tarxeta de transportes.

13-9-1999; 8.50; CP-701; 15.

Artigo 103 da

Lei 16/1987 e artigo 158 do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.15.000 ptas.
XC-02599-O-1999

C-5825-BS

G.C. de Tráfico.

Mª del Carmen Gómez Nistal

Vázquez Varela, 17, 6º A

36204 Vigo (Pontevedra).

Circular cun vehículo arrendado por tempo superior a un mes, non levando a bordo del o contrato de aluguer.

9-9-1999; 16.40; N-550; 58.

Artigo 24 da Orde do 20 de xullo de 1995, sobre o aluguer de vehículos sen conductor (BOE nº 183, do 2 de agosto).Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

10.000 ptas.
XC-02648-O-1999

C-4457-BW

G.C. de Tráfico.

Autobuses de Calo (Hedegasa)

Estación de autobuses, s/n

15886 Santiago de Compostela

(A Coruña).

Facer un transporte escolar con 40 alumnos desde O Milladoiro a Bertamiráns, carecendo de autorización para face-lo dito transporte.

25-11-1999; 8.50.

Artigo 7 do Decreto 160/1988, do 9 de xuño, da COTOP, (DOG nº 121, do 27 de xuño).Artigo 143 da

Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

5.000 ptas.