Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.319

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (371/1999).

Procedemento: xuízo de faltas nº 371/1999-J.

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas referenciado se dictou sentencia cun encabezamento e decisión que din:

«Sentencia número 231/1999.-Encabezamento: En Carballo, 9 de decembro de 1999.

Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos deste partido, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 371/1999, seguidos por presunta falta de realización de actividade carecendo de seguro obrigatorio, con intervención do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, e como partes Carlos Sánchez Villaverde, denunciante, e José Ramón Rojo Bardanca, denunciado.

Decido que debo absolver e absolvo a José Ramón Rojo Bardanca da falta de realización de actividade carecendo de seguro obrigatorio, prevista e penada

no artigo 636 do Código penal, todo isto con declaración de oficio das custas procesuais.

Esta sentencia non é firme e cabe interpor contra ela recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste, para os efectos oportunos, e lle sirva de notificación en legal forma a José Ramón Rojo Bardanca, que se encontra actualmente en ignorado paradoiro, expido esta cédula, que asino en Carballo o 19 de abril de 2000.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado