Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (142/1999-J).

Eu, Ana Isabel Villar Fernández, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas número 142/1999, sobre falta do artigo 636 do Código penal, se dictou sentencia cunha decisión que é como segue:

«Debo absolver e absolvo a José L. García Triñanes dos feitos axuizados nas presentes actuacións, con declaración das custas procesuais de oficio.

Unha vez firme esta resolución, dedúzase testemuño das actuacións e remítase este á Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña para os efectos oportunos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que non é firme e poden interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, José L. García Triñanes, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia o vintecinco de abril de dous mil.

A secretaria

Rubricado