Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.320

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

CÉDULA de notificación (798/1999).

Eu, Ángel Javier Martín Sánchez, secretario do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña, dou fe e certifico que nos autos seguidos neste xulgado baixo o número 798/1999, por instancia de María Dolores Sardá Pena contra a Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, recaeu auto con data do 25 de abril cunha parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Acórdase declara-la caducidade daquel referido recurso xurisdiccional contencioso-administrativo, noutrora promovido por aquela parte recorrente antes aludida.

Notifiqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas e signifiquéselle-lo dereito que as asiste de interpoñeren eventual recurso de apelación no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ó da súa correspondente notificación, ante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal contencioso-administrativo aquí radicado e para ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, igualmente residenciado nesta capital.

Mándao e asínao o maxistrado xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, José Manuel Ramírez Sineiro».

E para que conste e lle sirva de notificación á recorrente, María Dolores Sardá Pena, expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de abril de 2000.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario