Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 29 de maio de 2000 Páx. 8.319

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000 pola que se declara deserto o proceso selectivo para o ingreso por promoción interna na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo convocado por Resolución do 11 de xuño de 1999.

Mediante resolución do 11 de xuño de 1999 da Universidade de Vigo (DOG do 2 de xullo) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas polo sistema de promoción interna na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos desta universidade.

Concluído o segundo exercicio da fase oposición sen que ningún dos aspirantes fose declarado apto é polo que este rectorado, de conformidade coas

bases da convocatoria, acorda dicta-la seguinte resolución:

Declarar deserto o proceso selectivo para o ingreso por promoción interna na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 4 de maio de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo