Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO do prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de obra, polo procedemento restrinxido, na forma de concurso e baixo carácter de urxencia.

Obra: proxecto de reforma e adaptación de escola para albergue en Ordelles, O Pereiro de Aguiar. (Programa Leader II).

I. Elementos do contrato:

1. Réxime xurídico do contrato:

É de natureza administrativa; rexerase pola Lei 13/1995, do 26 de maio, sobre contratos das administracións públicas (desde agora: LCAP), no seu texto consolidado, por reforma na Lei 53/1999, do 28 de decembro e en canto sexan de aplicación, as normas de contratación no réxime local.

2. Obxecto do contrato:

A execución da obra de reforma e adaptación para albergue do edificio que foi escola sita na aldea de Ordelles, neste municipio, segundo proxecto redactado en outubro de 1999 polo arquitecto técnico Octavio Gavilán Labarta, e visado polo seu colexio, que foi aprobado por este concello.

3. Prezo do contrato:

É de 15.073.231 pesetas, IVE incluído, honorarios do proxecto e dirección técnica, así como os mobles

e decoración a que se refire o citado proxecto, aplicándose, se é o caso, o coeficiente reductor ou cifra menor na que se conteña a oferta económica dos licitadores.

Os prezos unitarios que se apliquen na execución son os do proxecto, afectados polo coeficiente reductor, se resulta na adxudicación.

O prezo resultante non será obxecto de revisión ningunha.

4. Existencia de crédito e pagamento:

A forma de pagamento efectuarase:

Con fondos e subvención de Feder (U.E.) ata 9.532.087 ptas.; con cargo a outra da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: 868.442 ptas.; e achega por este concello da suma de 4.672.702 ptas.

Efectuaranse os pagamentos no momento en que cada parte efectúa os correspondentes ingresos con destino a tal obra.

5. Prazo de execución das obras:

Terán de iniciarse no prazo de quince días posteriores á adxudicación da obra e terán de rematarse no prazo de doce meses computados a partir da data da escritura do contrato administrativo de obra.

6. Capacidade para contratar:

Persoas físicas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras que, tendo plena capacidade de obrar, non se encontren comprendidos en ningunha das circunstancias que sinala o artigo 29 da LCAP e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica ou profesional, conforme os artigos 15 a 17 da referida lei.

II. Adxudicación do contrato:

Sistema de adxudicación:

O contrato da obra adxudicarase seguindo o procedemento restrinxido, baixo a forma de concurso admitindo variacións con ofrecemento e vantaxes; melloras para a obra; de índole laboral municipal ou outras e, baixo carácter de urxente pola perentoriedade nos prazos, de conformidade co disposto nos artigos 74.3º, 75, 92 e 138 a) da citada LCAP.

III. Fase de anuncio do procedemento e participación xeral:

O concello, aprobado este prego de condicións, publicaraas no DOG e durante o prazo de quince días naturais computados a partir do seguinte ó da publicación, admitirá solicitudes de empresarios que desexen intervir no concurso, sobre os que o concello efectuará ulterior selección.

Para esta primeira fase de participación no concurso, cada interesado, durante o prazo citado, presentará nas oficinas municipais en día e hora laborais, a seguinte documentación nun só sobre, coa inscrición: solicitude para participar no concurso

para execución da obra reforma e adaptación de escola para albergue en Ordelles.

Solicitude de participación:

Se é empresa individual datos sobre personalidade, capacidade xurídica e de obrar, domicilio e demais circunstancias de identificación con copia compulsada do DNI e da tarxeta que fixe o seu número de identificación fiscal.

Se a empresa fora persoa xurídica copia auténtica ou testemuña notarial da escritura de constitución e de modificación, se é o caso, inscritas no Rexistro Mercantil, e do documento que acredite a representación de quen interveña e coas facultades suficientes para a contratación.

En tódolos supostos, ó no esixirse certificación de clasificación empresarial, achegaranse:

a) Documentos que acrediten solvencia económica e financeira, así como técnica, a que se refiren os artigos 16 e 17 da dita LCAP.

b) Certificacións de ter feito o pagamento de obrigas tributarias á Axencia estatal de administración tributaria; da tesourería territorial da Seguridade Social, e de non ser debedor deste concello.

c) Xustificante de te-la alta no imposto sobre actividades económicas apto para este municipio, é de ter feito o seu pagamento achegando copia da carta ou documento e pagamento do último exercicio.

d) Declaración responsable de ter capacidade de obrar e non estar incurso nas prohibicións que contén o artigo 20 da LCAP.

IV. Fase de selección de empresas:

Das solicitudes de participación admitidas, o Pleno da Corporación seleccionará un mínimo de cinco das empresas concorrentes, ou as que se presenten, se fora menor, ás que invitará a presentar proposicións. Servirán de criterios obxectivos para a selección os seguintes:

a) Experiencia derivada de actuacións noutros contratos de obra que executarán coas administracións públicas, en traballos similares.

b) Comportamento; prazo de entrega das obras; conceptuación da empresa segundo informe técnico municipal.

c) Cadro do seu persoal, apreciando domicilio da cada traballador en relación a este municipio.

d) Capacidade e solvencia económico financeira.

V. Fase de invitacións:

Unha vez realizada a selección pola alcaldía cursaranse escritos a cada un dos seleccionados invitándoos a presentar proposicións nas oficinas municipais deste concello, en días e horas laborais, durante o prazo de dez días naturais, que se contan a partir do día concreto no que se certifique no servicio de correos o envío do sobre dirixido a cada interesado.

Non será necesario incluír de novo no sobre os documentos xa presentados para a participación.

Só se precisa introducir en sobre pechado a proposición económica, segundo o modelo do anexo a este prego, unha vez asinada e datada, sen que conteña omisións, erros ou riscaduras que non permiten coñecer de xeito claro a súa oferta e polas variacións que poidan incluirse ás que se refire a cláusula 2.1. O sobre terá ó exterior a seguinte inscrición: Proposición económica para o concurso de execución da obra reforma e adaptación da escola para albergue, en Ordelles.

Non se esixe a constitución de garantía provisional.

VI. Fase previa á adxudicación:

1. Constituirase a mesa de contratación composta dos seguintes membros, de acordo coa disposición adicional novena, 3) de la LCAP:

-Presidente, o da corporación ou membro desta no que delegue.

-Vocais: un concelleiro tenente-alcalde e o secretario interventor do concello.

Actuará de secretario un funcionario da corporación.

Serán designados nominalmente polo Pleno da Corporación.

2. Rematando o prazo de recepción de proposicións, o funcionario responsable do rexistro xeral expedirá certificación na que se relacionen as proposicións recibidas ou, se é o caso, a usencia de licitadores que, xunto cos sobres fará ó secretario da mesa de contratación.

3. Recibidos polo secretario os sobres e o certificado, constituirase a mesa de contratación co fin de abrilos e apreciar se se observan neles defectos materiais ou formais e decidir se a mesa o considera conveniente, conceder prazo non superior a tres días para corrección do erro ou omisión, sen altera-la contía económica da oferta.

4. Apertura de proposicións:

Fixarase lugar, data e hora para a apertura das proposicións pola mesa de contratación, o que se comunicará a cada un dos que se presentaron.

Cualificará con anterioridade, non só os documentos presentados na fase de participación, senón os que estean unidos á presente proposición.

Levantará acta, na que se incluirán advertencias e reclamacións que poidan formular os licitadores presentes e, coa proposta que estime pertinente, que incluirá en todo caso a ponderación de criterios de selección e principios que rexen a adxudicación por concurso, entregaraos para que o Pleno da Corporación efectúe a adxudicación do contrato, o que poderá realizar seguindo os criterios que fixa o artigo 89.2º da LCAP.

VII. Adxudicación do contrato:

No prazo máximo dun mes computado desde a data de entrega da acta de apertura, o pleno resolverá sobre a adxudicación do concurso, acordo que será notificado directamente ó adxudicatario e a tódolos participantes na licitación sen prexuízo da súa publicidade conforme o establecido no artigo 94 da LCAP, é dicir, no DOG, se o prezo é superior a dez millóns de pesetas.

VIII. Garantía definitiva:

Antes de que o contrato sexa formalizado e no prazo máximo de oito días hábiles, contados a partir da recepción pola empresa adxudicataria da notificación da adxudicación, deberá acreditar que constituíu garantía por importe do catro por cento do prezo de adxudicación, nalgunha das formas que fixa o artigo 37 da LCAP.

IX. Formalización do contrato:

1. Antes de formaliza-lo contrato, o adxudicatario acreditará diante da corporación contratante o aboamento dos importes do anuncio de licitación e, se é o caso, o de publicación en diarios oficiais e prensa.

2. O contrato formalizarase en documentos administrativos, dentro dos dez días seguintes contados desde a notificación da adxudicación, sendo o dito documento válido para acceder a calquera rexistro público.

3. Se o adxudicatario solicita a formalización do contrato en escritura pública, os gastos que se produzan co seu outorgamento, serán por conta del.

4. Simultaneamente coa sinatura do contrato, o adxudicatario asinará tres exemplares dos documentos do proxecto correspondente á obra, que formarán parte integral do contrato, xuntos cos exemplares deste prego de condicións, quedando dous documentos no concello e o outro entregarase ó contratista.

X. Execución do contrato:

1. Tomara en consideración o contido do estudio básico de seguridade e saúde que inclúe o proxecto técnico.

Cumprirá tódalas obrigas e requisitos sobre réxime laboral, seguridade social e hixiene, de accidentes e demais necesarios, antes do comezo das obras, e de teren vixente o seguro de responsabilidade por danos a terceiros e de construcción a que se refire a nova Lei de ordenación da edificación 38/1999, do 5 de novembro, na actualidade en vigor.

2. Presentará no concello un programa de etapas para o traballo, de xeito que exista a seguridade de que se remata a obra no prazo máximo antes citado, para evitar riscos sobre a perda de subvencións coas que se financia a obra.

3. O técnico municipal pode inspeccionar directamente as obras e informa-la alcaldía sen intervir na dirección delas, estando o técnico xa designado.

4. Procurará adquirir e empregar materiais ou productos nacionais e, preferentemente, desta Comunidade Autónoma.

5. Realizará as instalacións de protección e sinalizacións de obra que sexan necesarias para evitar riscos de danos e perdas.

XI. Aboamento de obra executada:

1. Tódolos traballos, medios auxiliares e materiais que sexan necesarios para a correcta execución e acabamento de calquera unidade de obra, de acordo coas normas de boa construcción, consideraranse incluídos no prezo dela, aínda que non figuren todos eles especificados na descomposición ou descrición dos prezos.

2. O contratista terá dereito ó aboamento da obra executada, con suxeición ó proxecto aprobado nos termos establecidos na LCAP, mediante a expedición de certificacións parciais de obra, conformados polo técnico director dela e a fiscalización do técnico desta corporación, de acordo co establecido no artigo 145 da citada lei, logo das medicións oportunas.

3. O pagamento destas certificacións realizarase neste concello inmediatamente despois de que a oficina de Fondos Estructurais da U.E., FEDER, e Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria remitan importes parciais ou totais das correspondentes subvencións para esta obra e programa Leader II, nos termos convidos.

4. O atraso no pagamento de certificacións parciais de obra non levará implícito o pagamento de xuros por demora, non sendo así se, terminada a obra, transcorre o prazo legal para que xurda o dereito a tal devengo complementario.

5. As modificacións na execución da obra que produzan aumentos ou diminucións regularanse polo disposto no artigo 146 da LCAP.

XII. Recepción das obras:

1. O contratista adxudicatario deberá entregar ó concello, unha vez rematada a obra e a recepción efectuarase no prazo de oito días seguintes, dentro do prazo máximo fixado para remata-las obras, na forma que sinala o artigo 147 da devandita lei.

2. Se xurdira causa de resolución contractual das previstas no artigo 150, actuarase conforme o mencionado precepto e cos efectos que sinala o artigo 152 da Lei de contratos, practicándose a liquidación da obra executada con esixencia das responsabilidades que procedesen.

XIII. Prazo de garantía:

Fíxase un prazo de seis meses contado desde a recepción provisional, durante o que o contratista executará tódalas obras de conservación e reparación que sexan necesarias, sen prexuízo da responsabilidade por vicios ocultos a que se refire o artigo 149 da devandita lei, e a que dimana da nova Lei de ordenación da edificación de 1999.

XIV. Devolución da garantía:

Transcorrido o prazo antes indicado e se non concorre responsabilidade ningunha respecto á obra e por danos a terceiros, iniciaranse actuacións para devolución da garantía defitiva prestada.

XV. Normas complementarias:

Serán de aplicación as cláusulas que contén o prego de condicións técnicas que inclúe o proxecto e, se aparacese discrepancia entre o regulado neste prego de cláusulas administrativas e o técnico, aplicaranse preferentemente aquelas.

No non previsto, aplicarase a citada Lei de contratos das administracións públicas e normas de desenvolvemento.

As cuestións litixiosas que poidan xurdir na interpretación, modificación resolución e efectos do contrato de obra, serán resoltos polo Pleno da corporación, poñendo este acordo fin á via administrativa e contra eles poderá interporse o oportuno recurso contencioso-administrativo.

ANEXO

Modelo de proposición:

D./Dª... con residencia en... provincia de... rúa... DNI número... actuando en nome... segundo acredita con... sendo invitada a súa empresa a participar no concurso para execución da obra denominada proxectos de reforma e adaptación de escola para albergue en Ordelles-O Pereiro de Aguiar, do que é autor Octavio Gavilán Labarta arquitecto técnico colexiado, sendo publicadas as bases ou condicións no DOG do día..., para seguir en procedemento restrinxido de xeito de concurso e con carácter urxente, comprométese, no seu nome propio (ou da empresa que representa), a executa-las obras que se inclúen no proxecto, con suxeición ós requisitos esixidos, pola cantidade de... (en letra)... IVE incluído.

Como variantes ou melloras, en relación coas circunstancias ou variacións indicadas no antedito prego de condicións, ofrece as seguintes: ...

(Lugar, data e sinatura do propoñente).

O Pereiro de Aguiar, 15 de maio de 2000.

O alcalde

Rubricado