Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e vía de urxencia, para a contratación de servicios.

Obxecto: a prestación dos servicios correspondentes á configuración artística, organización e desenvolvemento do XVI Festival do Mundo Celta de Ortigueira que se vai celebrar nos días 14, 15 e 16 de xullo do ano 2000.

Orzamento: 17.000.000 de pesetas.

Información: Secretaría Municipal, Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación, ata as 14 horas do día dentro do prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 16 de mayo de 2000.

Antonio Campo Fernández

Alcalde