Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia faise público que por resolución da alcaldía do 28 de abril de 2000 foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización presentado por Gallega de Distribuidores de Alimentación S.A. Gadisa para o polígono número 1, comercial, delimitado polo Plan Parcial do PAU-1 do Plan Xeral.

Durante o prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que estimen convenientes.

Ribadeo, 28 de abril de 2000.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde