Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: ten por obxeto a subministración, logo do deseño e realización, dunha aplicación multimedia educativa con aspecto de xogo, para a promoción do uso da lingua galega orientada ó contexto escolar.

Tipo de licitación: 4.000.000 de pesetas, IVE incluído (24.040,5 euros).

Prazo de execución: os traballos deberán ser formalmente recibidos polo Concello de Santiago de Compostela antes do 30 de novembro de 2000.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. Departamento de Contratación-Servicios. Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os enumerados no prego de condicións.

Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D./Dª...... veciño/a..... número..... e DNI número..... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en repre

sentación de.....) na licitación do contrato de..... e, xa que logo, fago constar:

a) Ofrezo o prezo de..... (en letras e números) pesetas, o que supón unha baixa de..... (en letras e números) pesetas con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Que achego a documentación esixida no prego de condicións.

....., ..... de..... de 2000.

O licitador

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde