Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 26 de maio de 2000 Páx. 8.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

ANUNCIO.

Anuncio de concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Toques (A Coruña).

2. Obxecto: contrato para a execución das obras tituladas Cementarios 3ª fase.

3. Prazo de execución: seis (6) meses.

4. Tipo de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas., IVE incluído) (72.121,45 euros).

5. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

6. Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

7. Apertura de proposicións: terá lugar ás 12 horas do terceiro día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, domingo ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

8. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais publicados no BOP número 77, do 3 de abril de 2000.

9. Modelo de proposición: o aprobado pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP numero 77, do 3 de abril de 2000.

10. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

11. Outra información: poderá obterse copia do prego de cláusulas e demais documentación na secretaría do concello en horario de oficina (das 9 ás 14 horas), ata as 14 horas do día anterior ó do remate do prazo de presentación de propostas.

Toques, 26 de abril de 2000.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde