Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.194

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador E.N. 3/2000 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Asunción Buceta Canay.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalas en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da dita lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 18 de abril de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciadoFeito denunciadoPrecepto

Último enderezo coñecidoInfrinxidoSancionadorSanción

E.N. 3/2000Manuel López Rodríguez

Baro

Formiga, 21, Chapela, Redondela

Empregar procedementos masivos e non selectivos para a captura de frinxílidos, empregando como reclamo un canario. Feitos denunciados ás 12 horas do día 30 de xaneiro de 2000, nas inmediacións do campo de fútbol, na Bandeira, concello de Silleda.Artigo 38.8º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co anexo III do Decreto 1095/1989, polo que se declaran as especies obxecto de caza e se establecen as normas para a súa protección.Artigo 38.8º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, en relación co anexo III do Decreto 1095/1989, polo que se declaran as especies obxecto de caza e se establecen as normas para a súa protección.

50.000 ptas. para

pagar conxunta e

solidariamente por

ámbolos dous

denunciados

E.N. 3/2000Eduardo Aguiar Rodríguez

R/ Vilagarcía de Arousa, 38-6º D

Vigo