Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a realización das obras de reforma e ampliación do edificio dos xulgados de Caldas de Reis (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

c) Número de expediente: 00/13/934.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obras de reforma e ampliación do edificio dos xulgados de Caldas de Reis (Pontevedra) .

b) Lugar de execución: Caldas de Reis (Pontevedra).

c) Prazo de execución: cinco (5) meses contados desde a data da sinatura da acta de comprobación do planeamento.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 46.871.267 ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.000.000 de ptas. (2% do orzamento base de licitación).

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas e o proxecto estarán á disposición dos interesados para o seu exame na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario), sita no complexo administrativo de San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta, Santiago de Compostela.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse, mediante o aboamento do seu importe, en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro, 5º-baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono 981 59 78 55.

b) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C. Categoría: d. Subgrupo: todos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: poderá presentarse unha única variante.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, o quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2000.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais