Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2000 do persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co acordado pola Comisión Paritaria de Acción Social, dependente da Mesa Sectorial de Negociación do persoal ó servicio da Adminis

tración de xustiza, en reunións celebradas os días 23 de marzo e 4 de maio de 2000 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na negociación, sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2000 do referido persoal, e segundo o establecido nestas, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o programa de acción social de 2000 e darlle a máxima difusión entre os órganos xudiciais, quedando exposto nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, no Tribunal Superior de Xustiza, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia na Coruña.

Segundo.-O prazo de presentación de instancias será o abranguido entre o día 1 de xuño e o 31 de agosto, ámbolos dous incluídos.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local