Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Municipal de Autotaxis de Agolada.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Municipal de Autotaxis de Agolada, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: local.

Profesional: taxistas que desenvolvan a súa actividade dentro do municipio e baixo licencia do Concello de Agolada.

Asinan a acta de constitución: José A. García García, presidente e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 28 de abril de 2000.

Antonio Coello Bufill.

Delegado provincial de Pontevedra