Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 25 de maio de 2000 Páx. 8.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación do servicio para o tratamento contra a procesionaria do piñeiro en 8.000 ha de piñeirais da Comunidade Autónoma.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: servicio para o tratamento contra a procesionaria do piñeiro en 8.000 ha de piñeiros da Comunidade Autónoma.

2.2. Prazo de execución: cinco (5) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e sete millóns oitocentas oitenta e seis mil duascentas sesenta e seis (47.886.266) pesetas, IVE incluído (287.802,25 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: novecentas cincuenta e sete mil setecentas vintecinco (957.725) pesetas (5.756,04 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: un millón novecentas quince mil catrocentas cincuenta e unha (1.915.451) pesetas (11.512,09 euros).

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Basquiños nº 2.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Requisitos específicos do contratista.

8.1. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría D.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente