Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.081

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da sanidade privada.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector da sanidade privada (código 2700815), da provincia de Lugo, asinado o día 28 de marzo de 2000, pola representación da Asociación de Empresarios de Sanidade Privada, Asociación de Centros de Hospitalización Privada e das centrais sindicais CIG (57,14%), USO (42,8%) e CC.OO. (0%), e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da citada revisión no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da mentada revisión á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 10 de abril de 2000.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

Pola parte empresarial:

Asociación de Empresarios de Sanidade Privada da Provincia de Lugo: José Ramón Criado Lorenzo, Jorge Somoza Lázare, Guadalupe Hervera Iglesias.

Asociación de Centros de Hospitalización Privada da Provincia de Lugo: José Luis Campos Veiga, Manuel Ángel López-Pardo Pardo, Lourdes Pardo Rodríguez.

Polas centrais sindicais:

CIG (57,14%): Carmen Antas Pérez, Fernando Díaz Fernández, Xosé Vázquez Pérez, Margarita Pardo Yáñez.

USO (42,8%): Manuel Expósito López, Manuel Silvarrey Cabado, José Luis Valcarce Resco.

CC.OO. (0%): Anselmo Sampedro Ania, Elena Lázare Rincón.

En Lugo, sendo ás 17 horas do día 28 de marzo de 2000, reúnense nos locais da Confederación de Empresarios de Lugo (praza de San Domingos, 6-8, 2º) as persoas na marxe relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Lugo co obxeto de proceder á elaboración da táboa salarial que terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000, conforme o previsto no párrafo terceiro do artigo 12 do convenio colectivo vixente.

Despois das deliberacións pertinentes adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-la táboa de salarios anexa con vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000 ata o 31 de decembro de 2000.

Segundo.-Os atrasos, por diferencias de salarios, producidos como consecuencia da publicación da táboa salarial aprobada pola presente acta faranse

efectivos nos 30 días seguintes á publicación da táboa salarial no boletín oficial da provincia ou Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Remiti-la presente acta, así como a táboa do convenio colectivo da sanidade privada da provincia de Lugo anexa á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente as persoas na marxe relacionadas en lugar e data indicados no encabezamento.

Táboas salariais do convenio colectivo de sanidade

privada da provincia de Lugo

Vixencia desde o 1 de xaneiro de 2000

ata o 31 de decembro de 2000

Salario base

mensual

Persoal técnico sanitario

Médico adxunto121.669
Médico de medicina xeral121.669
Psicólogo121.669
Farmaceútico, odontólogo121.669
ATS/DUE, matronas100.896
Fisioterapeuta, logopeda100.896
Técnico especialista87.737
Hixienista dental, dietista87.737

Persoal subalterno sanitario

Auxiliar de enfermería82.178
Auxiliar sanitario82.178
Celador sanitario81.607
Coidador sanitario81.607
Axudante odontoloxía81.607
Axudante fisioterapia81.607

Persoal técnico non sanitario

Letrado, economista121.669
Físico, químico121.669
Graduado social100.896
Asistente social100.896
Titulado mercantil100.896

Persoal administrativo

Xefe de sección administrativo87.737
Oficial administrativo84.461
Auxiliar administrativo82.178

Persoal de servicios xerais

Xefe de almacén87.737
Cociñeiro82.178
Axudante cociña81.493
Telefonista81.493
Costureira81.493
Pinche, camareira81.493
Pasadora de ferro, lavandeira81.493
Limpadora81.493

Persoal de oficios varios

Electricista, mecánico, carpinteiro ou

fontaneiro, calefactor, albanel, xardineiro,

conductor

82.178
Axudante81.493
Peón81.493
Vixilante nocturno82.178
Conserxe81.493
Porteiro81.493