Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 12 de maio de 2000 pola que se declara de interese galego a Fundación Federico Maciñeira e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Federico Maciñeira, con domicilio en Ortigueira.

Supostos de feito:

Primeiro.-Antonio Campo Fernández, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do 27 de abril de 2000, formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo.-A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 24 de abril de 2000, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Fernando Alba Puente, co número mil trescentos dez do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Federico Maciñeira, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada por Lei 11/1991, do 8 de novembro; na Lei estatal 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por Decreto 248/1992, do 18 de xuño, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 3 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 89, do 10 de maio) clasificouse como de interese cultural a Fundación Federico Maciñeira, en cumprimento do disposto no artigo 32.2º c) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é:

a) Promove-la protección e recuperación do patrimonio histórico, monumental e cultural.

b) Desenvolver programas de valorización do patrimonio arqueolóxico moble, inmoble e paisaxístico.

c) Fomentar traballos de recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico galego e dos sistemas sociais tradicionais.

d) Promover programas de desenvolvemento rural baseados na valorización dos recursos culturais e naturais a través do desenvolvemento do turismo cultural e de calidade.

e) Contribuír á recuperación de edificios históricos singulares dotándoos dun novo uso social (museos, centros de documentación, centros de interpretación, etc...) que posibilite o seu mantemento futuro.

f) Fomentar, subvencionar ou custear programas de recuperación de vivendas e edificios privados de interese etnográfico, artístico e/ou histórico.

g) Promover actividades para a recuperación da artesanía e oficios tradicionais como fonte permanente de emprego e riqueza.

h) Fomenta-la recuperación e posta en valor de camiños históricos e prehistóricos como infraestructura do turismo cultural e natural.

i) Promove-la recuperación e restauración de bens de interese patrimonial en risco de desaparición ou deterioración.

j) Incentiva-lo estudio, a investigación e a innovación no ámbito do patrimonio cultural.

k) Concertar con entidades públicas e privadas a realización de programas de investigación, cursos, seminarios e conferencias que sexan de interese para o fomento do patrimonio cultural.

l) Fomenta-lo desenvolvemento do tecido productivo arredor do patrimonio cultural.

m) Contribuír á difusión do patrimonio cultural mediante a presencia nos medios de comunicación e a edición de publicacións de todo tipo.

n) En xeral, calquera tipo de actuación orientada á promoción da cultura en tódolos aspectos e manifestacións.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación Federico Maciñeira, capacidade xurídica, composición do órgano de goberno, réxime de adopción de acordos, obxecto e domicilio.

O padroado da fundación está constituído polos membros que se designan no artigo 17 dos estatutos da fundación.

Sétimo.-En cumprimento do establecido no artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, con data do 12 de maio de 2000, a Asesoría Xurídica emite informe favorable sobre a legalidade da declaración de interese galego da Fundación Federico Maciñeira.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime de fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como nos artigos 1 e 4 do Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Federico Maciñeira, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación

e dos outros ingresos que non formen parte da súa dotación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha parte, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data de finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e da xestión económica do seu patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992.

Vistas as seguintes normas xurídicas: Constitución española; Estatuto de autonomía para Galicia; Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente; Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro; Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego; Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por la Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais normativa de pertinente e xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Federico Maciñeira.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto na normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de lles dar publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na pres

tación dos seus servicios, quedando obrigada a render contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación. Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo