Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de abril de 2000 pola que se lle autoriza a ampliación de seis unidades de educación primaria ó centro privado María Auxiliadora de Ourense.

Examinado o expediente presentado polo centro privado María Auxiliadora de Ourense no que solicita a ampliación de seis unidades de educación primaria.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, que o envía cos correspondentes informes.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22) e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro), polo que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o devandito centro privado ten autorización definitiva para impartir educación primaria.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

RESOLVE:

Autorizarlle a ampliación de seis unidades de educación primaria ó centro privado que se cita no anexo desta orde, facendo constar que, segundo a disposición adicional segunda do Decreto 133/1995, soamente poderá poñer en funcionamento o número de unidades concertadas.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia de Ourense

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: praza de Don Bosco, nº 1.

Denominación: María Auxiliadora.

Titular: Religiosos Salesianos.

Nivel: educación primaria.

Unidades de que constaba: 12.

Unidades novas autorizadas: 6.

Composición resultante:

Centro de educación primaria: 18 unidades.

Centro de educación secundaria:-12 unidades de educación secundaria obrigatoria.-6 unidades de bacharelato das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.