Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de abril de 2000 pola que se clasifica como de interese social a Fundación Con Eles.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Con Eles, con domicilio en Vilagarcía de Arousa.

Supostos de feito:

1. Juan Piñeiro Ríos, na súa calidade de presidente da fundación, en escrito do 12 de abril de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vilagarcía de Arousa, o día 7 de abril de 2000, ante o notario Manuel Remuñán López, co número setecentos corenta e catro do seu protocolo por Juan José Piñeiro Ríos, María del Carmen López Pérez, Evangelina Sayar Aguiño, Ramón Rodríguez Martínez, Nazario Fuentes Martínez, Mercedes César Leiro e José Luis Queiruga Romero; interveñen todos no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é:

a) Mellora-la calidade de vida das persoas con retraso mental e das súas familias.

b) Desperta-la conciencia pública sobre ese problema no aspecto social e familiar.

c) Confeccionar un censo de persoas afectadas.

d) Fomenta-los estudios referentes a súa rehabilitación e educación.

e) Apoio e creación de consultorios médicos para a formulación do diagnóstico e indicación do tratamento propio de cada caso.

f) Orienta-la conducta que se debe seguir no trato de tales persoas, así como promover campañas de prevención.

g) Organizar, patrocinar ou fomenta-la fundación de centros de asistencia, escolas de ensino e talleres de aprendizaxe e formación ocupacional.

h) Busca-la colaboración de empresas públicas ou privadas que poidan proporcionar postos de traballo a aqueles que sexan idóneos.

4. O padroado da fundación estará constituído por Juan José Piñeiro Ríos como presidente, Evangelina Sayar Aguiño como vicepresidenta, María del Carmen López Pérez como secretaria, Nazario Fuentes Martínez como tesoureiro e Ramón Rodríguez Martínez, Mercedes César Leiro e José Luis Queiruga Romero como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación Con Eles, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 25 de abril de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación Con Eles e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública