Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000 pola que se fixa a data na que se procederá ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do Parque Empresarial de Ribadavia.

O expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número 1 do Parque Empresarial de Ribadavia foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia e a Orde do 30 de decembro de 1999, polo director xeral de Urbanismo con data do 31 de marzo de 2000. Segundo o establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados. Na súa virtude, acórdase que o Instituto Galego da Vivenda e Solo proceda a verifica-lo aboamento, ou, se é o caso, consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados o día 29 de maio de 2000, ás 10 horas, no salón de actos do Concello de Ribadavia, en presencia do alcalde, o secretario do concello e o representante da Administración. O que terá lugar en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime de

solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957.

Ó devandito acto convócase a:

Predio nºPropietarioImporte

28Javier Loeda Vázquez696.313

31Herdeiros de Julia Gómez González177.738

121José Bernárdez Gómez353.116

243Leotina Domínguez Fernández589.051

253Manuel Fernández Deaño1.001.937

304-ADolores Amil Fernández819.946

309Joaquín Fernández Deaño

Antonio Fernández Deaño

2.996.540

312-AJorge Gómez Feijoo809.257

319Sara Cendón Amil1.027.440

319-ATeresa López Vázquez836.378

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se fará a aqueles interesados que acheten certificación rexistral ó seu favor, na que conste terse estendido a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, acheguen os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas o mesmo predio en tales títulos conforme o artigo 205 do Regulamento de

xestio urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, sa sexa particular para este caso, debendo achega-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros; así mesmo, os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou no seu lugar, polo coñecemento directo que testemuñen o alcalde ou secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publíquese este acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben tentada a notificación, non se puidera realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo