Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 11 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do expediente sancionador 15-51/1999, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencioandas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que, así mesmo, se indica) a iniciación do expediente nº 15-51/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se comunica ó interesado para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións ou informacións estime convenientes e, se é o caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolle ó interesado de que lle queda posto de manifesto o expediente, e que, de non efectuar alegacións ó contido do presente acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 15-51/1999.

Inculpado: Rogelio Martínez, Aluminio y PVC, S.L.

Domicilio: parroquia de Moruxo, nº 18, 15166 Bergondo.

Motivos: incumprimento en garantía e negativa a satisface-las demandas do consumidor.

Data da iniciación: 28-3-2000.

A Coruña, 11 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña