Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da prestación do servicio de limpeza no edificio da Escola Universitaria de Enfermería de Lugo.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación C.P. 3/2000-S, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da prestación do servicio de limpeza no edificio da Escola Universitaria de Enfermería de Lugo (C.P. 3/2000-S).

Obxeto e orzamento.

Prestación do servicio de limpeza no edificio da Escola Universitaria de Enfermería de Lugo, por un orzamento máximo de dous millóns oitocentas mil pesetas (2.800.000 ptas.), IVE incluído, para un período de oito meses. Importe máximo estimado para un mes: trescentas cincuenta mil pesetas (350.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de execución do contrato.

Desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n. 27004 Lugo. Tfno.: 982 29 65 52 e fax: 982 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe cincuenta e seis mil pesetas (56.000 ptas.) e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

-Prezo: ata 10 puntos.

-Recursos humanos e medios materiais: ata 8 puntos.

-Programa de limpeza ofertado: ata 6 puntos.

-Experiencia acreditada na prestación do servicio en centros de análogas características: ata 4 puntos.

Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 13 de marzo de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo