Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 4/2000 (lote único), por procedemento aberto, para a contratación do servicio de transporte no SNU das Pontes de García Rodríguez, dependente desta xerencia.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio de 1998), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

C.P.: 4/2000.

Denominación: lote único servicio de transporte no SNU das Pontes de García Rodríguez.

Importe: 2.760.000 ptas./ano. (16.587,93 euros/ano).

No dito importe inclúese o IVE.

Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-2000.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden solicitarse na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (departamento de Subministracións), polígono da Gándara, parcela 35, 15407 Ferrol, en días laborables das 9 ás 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 10.1º do prego de cláusulas administrativas. Se ese coincide en festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Ambulatorio Fontenla Maristany de Ferrol, ás

10 horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicacion: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Calidade técnica: 35%.

3. Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.

Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Ferrol, 14 de marzo de 2000.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol