Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 24 de abril de 2000, do Servicio de Vertidos, de notificación da resolución do expediente sancionador DH.D27.2530.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do presidente do organismo autónomo Augas de Galicia se dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto no

anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia (praza Camilo Díaz Valiño, Estación de Autobuses, Santiago de Compostela), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta resolución, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, de acordo co contido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, que a modifica.

Con todo isto, no caso de non presenta-lo devandito recurso e sendo executiva a resolución notificada polo presente edicto, o importe da sanción deberá aboarse dentro do prazo determinado, de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación, as notificadas na primeira quincena de cada mes natural, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior, e as notificadas a partir do día 16 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior, na conta aberta na oficina número 0388 da entidade bancaria Caixa Galicia, conta número 3110001083 aberta a nome de Augas de Galicia. Unha vez efectuado o ingreso, deberá remitir a Augas de Galicia copia do xustificante da operación bancaria. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse o ingreso, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, de conformidade co disposto na Orde do 22 de maio de 1987, pola que se determina o procedemento que

se seguirá na recadación en período voluntario e executivo de multas e sancións.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2000.

Antonio N. López Grueiro

Xefe do Servicio de Vertidos

ANEXO

Expediente número: DH.D27.2530.

Persoa interesada: empresa Piccolo Rancho, S.A.

Domicilio que consta no expediente: r/ San Antoniño, 19-B. 36002 Pontevedra.

Acto administrativo: Resolución do 18-2-2000.

Preceptos infrinxidos: artigo 316 g) do Regulamento do dominio público hidráulico.

Sanción imposta: 1.000.001 pesetas.