Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 15 de marzo de 2000, do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador DH.D15.11991.

Por medio do presente edicto faise saber que por parte do instructor de Augas de Galicia se dictou proposta de resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla no extracto en anexo a este edicto, referente as infraccións tipificadas na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da proposta de resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución referida no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro, xunto co resto das actuacións do expediente, se encontra á súa disposición nas oficinas do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte del organismo autónomo Augas de Galicia na Coruña (rúa Wenceslao Fdez. Flórez 1-2º), durante o prazo de alegacións que a continuación se indica.

En relación con esta proposta de resolución, o interesado poderá formular alegacións no prazo de quince días contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, ante o devandito servicio territorial.

A Coruña, 15 de marzo de 2000.

Ramón Vázquez Montero

Xefe do Servicio Territorial da Demarcación Galicia Norte

ANEXO

* Expediente número: DH.D15.11991.

* Persoa interesada: Alejandro Vigo Paz.

* Domicilio que consta no expediente: c/ Estrella, 8-4º D, 15578 Narón.

* Acto administrativo: proposta de resolución do 21-12-1999.

* Preceptos infrinxidos: artigo 315.j) do Regulamento do dominio público hidráulico.

* Sanción proposta: 5.000 ptas.