Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. de Lobelle de Arriba-Lobelle de Abaixo, no concello de Carballedo. (Expediente 21/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na Avda. de Arteixo, 171, A Coruña, no que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que durante o período en que se someteu o expediente ó trámite de información pública, se formularon as seguintes alegacións:

1. Manuel Lobelle Sánchez, que solicita que se estableza un novo trazado da liña eléctrica de forma que non atravese o seu predio e que se utilice o procedemento expropiatorio ordinario, opoñéndose ó procedemento de urxencia recollido no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Considerando que tales alegacións non deben ser tidas en conta polas seguintes razóns:

1. Con respecto ó novo trazado da liña eléctrica solicitado polo alegante, non pode ser tido en conta por non darse as condicións previstas no artigo 57.B da Lei 54/1997, do sector eléctrico e artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, pois a variación solicitada implica varia-las afeccións propostas no expediente e a existencia de novos afectados.

2. Polo que respecta á urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que esta vén amparada pola citada Lei 54/1997, xa que no seu artigo 52 se declaran de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e, no seu artigo 54, se

establece que a declaración de utilidade pública levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que, con respecto ás parcelas sometidas ós trámites expropiatorios, non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/66 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. ó C.T. Cartelos e remate no C.T. de Lobelle de Arriba, de 670 m de lonxitude, a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Lobelle de Arriba, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Lobelle-Quintá, de 1.680 m de lonxitude, a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimonais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 24 de xaneiro de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada

interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións públicadas no BOP de Lugo do 21 de febreiro de 2000, Diario Oficial de Galicia do 1 de marzo de 2000 e no diario El Progreso do 10 de febreiro de 2000, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial e no taboleiro de anuncios do Concello de Carballedo. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 10 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo