Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/12-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación que se cita:

Solicitante: Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Bugarín-A Chan.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 872 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o centro de distribución de Queidores ata o C.T. que se proxecta en Bugarín-A

Chan, concello de Ponteareas. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos propietarios afectados, presenta alegacións o propietario do predio PA-n 14, manifestando que se opón ó paso da liña polo seu predio. Trasladada a alegación á empresa eléctrica, esta manifesta que co trazado elixido se pretendeu causar o menor dano e que varialo suporía afectar a outras propiedades. Deuse traslado do escrito ó propietario do predio, e este presenta plano coa modificación da liña e traslada a variación á empresa, esta presenta orzamento da variación, demostrando que supera o 10% da parte de liña afectada. Deuse traslado deste último escrito ó afectado sen que este contestase no prazo establecido para iso.

Considerando que a variación proposta supón, para o tramo considerado, varia-la servidume noutros predios e que non se cumpren as condicións que marca o artigo 26 do Decreto 2619/1966 en canto a que o custo de colocar un novo poste suporía un incremento para o tramo considerado moi superior ó 10% máximo.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polo ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Pontevedra, 13 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra