Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización da operación estatística denominada: Índice de vendas do comercio polo miúdo.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 3/00 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a realización do traballo de campo e gravación da información para a elaboración dos índices mensuais de vendas do comercio polo miúdo en Galicia referidos ós once primeiros meses do ano 2000.

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: rematará o día 30 de decembro do ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.162.000 pesetas (31.024,244828 euros), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento do contrato (103.240 pesetas).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP).

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

9. Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económico-financeira, de conformidade co artigo 16.1º.a) e c) da LCAP, mediante calquera dos seguintes medios: informe de institucións financeiras ou declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, conforme o artigo 19.b) e c) da mesma lei, mediante calquera dos seguintes medios: unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles, ou ben mediante descricición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados directamente na empresa do contratista, especialmente dos responsables do control de calidade.

10. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día de apertura das proposicións cadrase en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio