Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 24 de abril de 2000 pola que se anuncia concurso público para a execución das obras de rehabilitación do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil para uso hoteleiro, 2ª fase, en Nogueira de Ramuín (Ourense), polo procedemento aberto e trámite de urxencia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 82, do día 28 de abril de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

Na páxina 6.941, no punto de clasificación requirida, onde di: «grupo K, subgrupos todos, categoría d», debe dicir: «grupo K, subgrupo 7, categoría d».