Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba e se autoriza o proxecto denominado L.M.T., C.T. e R.B.T. de Soutomango, no concello do Saviñao. (Expediente 28/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Sáenz Díez, 45, Ourense, no que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que na tramitación do expediente a empresa chegou ó amparo do artigo 24 da Lei de expropiación forzosa de 1954, e un mutuo acordo con tódolos interesados sometidos ós trámites expropiatorios, mediante escrito do 21 de febreiro de 2000, solicita que se admita o seu desestimento en canto á solicitude inicial de declaración de utilidade pública da instalación L.M.T., C.T. e R.B.T. de Soutomango (obxecto do presente expediente) e que se dicte resolución exclusivamente na parte que corresponda á autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución

Visto que, en cumprimento do establecido no artigo 91.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 15 de xaneiro, deuse traslado desta solicitude de desestimento ós interesados sen que dentro do prazo establecido para o efecto se formularan obxeccións a ela.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617/66 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea ó C.T.C. de Soutomango, cunha tensión de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Fión e remate no C.T.C. de Soutomango, cunha lonxitude de 0,941 km conductor tipo/sección LA-56/54,6 mm e nº/tipo apoios 4/HV-2/hvh-1/T.

2. Centro de transformación en caseta de Soutomango, situado en Soutomango (A Cova), cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Liña de baixa tensión aérea en Soutomango, con roixe no C.T.C. de Soutomango, cunha lonxitude de 1,735 km e nº apoios 37/HV.

Segundo.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 21 de febreiro de 2000.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá

interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 10 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo