Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU en diversos artigos da súa normativa.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o vinteseis de febreiro de dous mil, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Prestar aprobación inicial ó proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, formulado por esta Administración municipal e redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Disciplina Urbanística (SXDU) con data do 23-2-2000, no que concirne a diversos artigos da súa normativa referentes a condicións de habitabilidade, alturas, uso de aparcadoiro, réxime do subsolo, espacios baixo cuberta de edificacións, voos sobre vía pública, accesibilidade a espacios, elementos comúns e portais e unificación de criterios na regulación das ordenanzas da zona central e residencial intensiva, documento redactado nos termos do informe emitido o pasado 28 de xaneiro polo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia.

Segundo.-Dispoñe-la introducción no texto do proxecto de modificación do planeamento de ordenación integral, como instrumento de natureza normativa que é, dunha disposición adicional e outra transitoria, regulando a primeira a situación das edificacións existentes construídas conforme o plan xeral, tras esta modificación puntual, e a segunda sobre compatibilidade temporal entre ámbalas ordenacións edificatorias para logra-lo seu xeral coñecemento e evitar alteración de procesos urbanísticos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Os edificios e as instalacións erixidos ou en construcción, baixo as determinacións do plan xeral do 18-12-1989 e as súas modificacións puntuais, conformes coas súas determinacións urbanísticas, decláranse dentro de ordenación, manténdose os construídos conforme anteriores planeamentos, en réxime de fóra de ordenación ou non, de acordo co contido de ordenación urbanística determinada no PXOU.

Segunda.-Os edificios e as instalacións construídos baixo as determinacións do PXOU pero con licencia outorgada por terse solicitado no prazo sinalado na disposición transitoria seguinte, considéranse dentro de ordenación para calquera efecto urbanístico.

Disposición transitoria

As determinacións de planeamento contidas neste procedemento de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana, unha vez aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación Municipal, entrarán en vigor, despregando a súa eficacia e executividade, na forma establecida pola lexislación de réxime local e do solo e ordenación territorial.

Non obstante, os proxectos técnicos de edificación ou rehabilitación de edificios e instalacións, presentados en solicitude de licencia ante este concello e visados polos colexios profesionais respectivos, con anterioridade ou dentro dos tres meses seguintes ó da súa entrada en vigor, resolveranse conforme a normativa do PXOU, na redacción conferida pola orde aprobatoria do 18-12-1989 e sucesivas modificacións puntuais, no caso de axustarse ás súas determinacións. As licencias solicitadas nese prazo, ó amparo do réxime ordenatorio desta modificación puntual, concederanse de acordo coas súas estipulacións.

Transcorridos tres meses desde a súa entrada en vigor, as licencias concederanse exclusivamente de acordo coas determinacións desta modificación puntual.

Terceiro.-Dispoñe-lo sometemento a información pública deste expediente polo prazo dun mes mediante a publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, BOP, taboleiro de edictos do concello e nun dos periódicos de maior circulación da provincia, para efectos de que durante ó dito período poidan formularse as alegacións e suxestións pertinentes, computándose o momento inicial do prazo de alegacións a partir da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar no Servicio de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico deste concello (rúa Churruchaos) a documentación inicialmente aprobada e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 31 de marzo de 2000.

Miguel Fernández Lores

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral