Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESO

ANUNCIO.

O Concello de Ponteceso, na sesión que tivo lugar o día 10 de abril de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Proceder, mediante expropiación, á adquisición da parcela nº 23, propiedade de Manuel Lema Pailos, para executa-la primeira fase do Plan Parcial de Ordenación do parque empresarial A Mezquita-Tella.

Segundo.-Segui-la expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución da primeira etapa do parque empresarial A Mezquita de Ponteceso.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, aprobar inicialmente o proxecto de expediente expropiatorio do polígono delimitado para a execución da primeira etapa do Plan parcial do parque empresarial A Mezquita de Ponteceso.

Cuarto.-Proceder á publicación deste acordo no DOG, durante un mes e nun dos xornais de maior circulación na provincia da Coruña, conforme se establece no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Quinto.-Notificación individual ós propietarios afectados mediante traslado literal da folla de valo

ración e da proposta de fixación dos criterios de valoración.

Sexto.-Unha vez completado o expediente e cumpridos os prazos establecidos, someterase este ó Servicio de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia para a súa aprobación definitiva.

Sétimo.-Faculta-la Alcaldía para toda a tramitación posterior.

Ponteceso, 11 de abril de 2000.

José Luis Fondo Aguiar

Alcalde