Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación por concurso.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente numero 2/2000.

2. Obxecto do contrato: o arrendamento da nave Monte Afieiras de Santa Lucía de Moraña.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 555.660 ptas.

5. Fianza provisional: 11.113 pesetas. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, das 9 ás 14 horas, no prazo de quince días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de condicións, presentarase conforme o seguinte modelo:

D ..., con DNI nº ..., expedido en ..., con data do ..., en nome propio (ou en representación de ..., como acredita por ...) informado da convocatoria de concurso, polo procedemento aberto, anunciada no BOP nº ..., con data do ... en no Diario Oficial de Galicia nº ..., con data do ..., toma parte nela comprometéndose ó arrendamento da nave Monte Afieiras de Santa Lucía de Moraña, no prezo de ... (en letra e numero), conforme o prego de condicións económico-administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do segundo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excepto sábados.

Moraña, 4 de abril de 2000.

José Eiras Paz

Alcalde