Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 28 de abril do ano que andamos, aprobou o expediente administrativo para a contratación de asistencia técnica para a redacción de proxecto básico e de execución para un centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello de Rianxo.

A través deste anuncio exponse ó público o prego de cláusulas administrativas particulares para que durante o prazo de oito días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, se poidan presenta-las reclamacións que se estimen oportunas contra el.

Ó mesmo tempo convócase a seguinte licitación. No caso de presentarse alegacións ó prego o prazo de presentación de ofertas quedará en suspenso.

1. Obxecto do contrato: redacción do proxecto básico e de execución para construcción do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade do concello de Rianxo.

2. Tramitación: urgente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

3. Orzamento base da licitación: 6.650.000 ptas. (IVE incluído), inclúe proxecto de seguridade e saúde no traballo.

4. Fianzas:

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Presentación de ofertas: oito días naturais desde o seguinte á última publicación que se produza de 9 a 14 horas no rexistro da corporación.

6. Prazo de execución: un mes.

7. Documentación e modelo de ofertas que hai que presentar: a contida no prego sinalado, que se poderá retirar na secretaría da corporación en horario de oficina.

8. Apertura de ofertas: a mesa reunirase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das ofertas. Primeiramente procederá á apertura do sobre A en acto non público, e dilucidará a admisibilidade das ofertas. Despois e á hora que se notificará debidamente ós licitadores, en acto público, procederase á apertura do sobre B. Unha vez valoradas as ofertas e despois dos informes técnicos que estime oportunos elevará proposta de adxudicación perante o órgano competente.

9. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Rianxo, 28 de abril de 2000.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde