Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

De conformidade co prego de cláusulas económico-administrativas aprobadas polo Concello Pleno, en sesión ordinaria do 30 de marzo de 2000, anúnciase a seguinte licitación:

1. Obxecto do contrato.

A adxudicación da xestión do servicio de cafetería do Centro Socio-Cultural, Xuvenil e da Terceira Idade de Sarria.

2. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Sarria (Lugo), rúa Maior, 14.

3. Prazo de duración: 1 ano prorrogable na forma prevista no prego de cláusulas.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación ordinaria, procedemento aberto e forma de concurso.

5. Canon que se satisfará ó concello.

Importe mínimo anual: 30.000 pesetas.

6. Garantías: provisional: 2.000 ptas.; definitiva: 500.000 ptas.

7. Obtención de documentación: Concello de Sarria, rúa Maior, 14; Sarria; teléfono: 982 53 50 00; fax: 982 53 09 16.

8. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente edicto no DOG.

9. Apertura de plicas: o cuarto día hábil seguinte ó do acto de apertura da documentación.

Sarria, 27 de abril de 2000.

O alcalde

Rubricado