Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do PXOU-PEPRI de Bouzas (expediente 5165/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 27 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do expediente de emenda de deficiencias na adaptación do PXOU de Vigo á Lasga, no ámbito do PERI II-09 Bouzas, conforme a documentación elaborada pola arquitecta Mª Asunción Leboreiro Amaro, en execución de contrato de

asistencia técnica realizado con esta Xerencia Municipal de Urbanismo, contida na denominada carpeta de documentación modificada.

Procédese ó trámite de información pública do expediente, polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal dos de maior circulación na provincia, conforme o establecido no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia. O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación.

O expediente atópase ó dispor do público no departamento de Información Urbanística da Xerencia de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados.

Vigo, 11 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo