Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da delimitación da unidade reparcelable Dr. Carracidos (expediente 4192/401).

O Concello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 6 de abril de 2000, acordou aprobar inicialmente a delimitación da unidade reparcelable solicitada por Antonio Giráldez González en data do 10-12-1999, referente ó ámbito correspondente a 4 parcelas situadas entre a rúa Dr. Carracido, en concreto á frente dos números 26 e 28 e a rúa Azor paralela á anterior, cos números 13 e 13 D, cunha superficie de 389,15 m, resultando os propietarios Antonio Giráldez González e Josefina González Fernández e cos seguintes lindeiros:

Norte: Enrique Posada Fernández.

Benita Abal Balo.

Sur: María Consuelo Rivero.

Eugenio Lago Fernández.

Leste: rúa Dr. Carracido.

Oeste: Victorino Correa.

Procédese ó trámite de información pública do citado expediente polo prazo de vinte días contados desde a publicación no DOG. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 14 de abril de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo