Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 25 de abril de 2000, do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, de concurso, por procedemento aberto, de prestación de servicio.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social - Includes.

2. Obxecto: servicio de realización dun diaporama e arquivo fotográfico.

3. Orzamento: cinco millóns seiscentas oitenta e catro mil (5.684.000 ptas.).

4. Duración do contrato: desde a data de adxudicación ata o 1 de abril de 2001.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Includes.

6. Información: Sección Servicios Xerais - Negociado Xestión de Programas, Rexistro e Información.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Includes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 76, do 1 de abril de 2000.

Lugo, 25 de abril de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo