Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.311

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE OURENSE, S.A.

ANUNCIO da convocatoria pública para a selección dun ordenanza.

Bases da convocatoria.

Obxecto.

A contratación dun ordenanza cun contrato de obra ou servicio e cun período de proba segundo o establecido legalmente.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes deberanse presentar en man, no rexistro xeral de Xestur Ourense, S.A. sita na rúa Curros Enríquez, nº 1, planta 8ª, de Ourense, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e antes das 14 horas. Non se admite a entrega de solicitudes por correo.

Requisitos esixidos.

Ser demandante de emprego de longa duración e maior de 45 anos, inscrito no Inem.

Formación académica: graduado escolar.

Documentación que hai que presentar.

Instancia solicitude segundo modelo das bases no anexo nº 1 que se xunta.

Documento nacional de identidade.

Tarxeta de demanda de emprego.

Certificado de graduado escolar.

A documentación ten que se orixinal ou copia compulsada.

Tramitación e probas.

No prazo máximo de cinco días hábiles desde o remate do prazo de presentación de solicitudes, porase ó público no taboleiro de anuncios de Xestur Ourense, S.A. a lista provisional de candidatos admitidos, e habilítase un prazo de 3 días hábiles para aqueles candidatos que consideren presetar reclamación.

Unha vez resoltas as posibles reclamacións e no prazo máximo de cinco días hábiles porase a lista definitiva de candidatos admitidos no taboleiro de anuncios de Xestur Ourense, S.A. e sinalarase lugar e data para realiza-las probas de selección seguintes:

Probas psicotécnicas: test de aptitudes intelectuais.

Entrevista persoal.

Criterios de puntuación.

Para a contratación de candidato elixirase o que obteña mellor puntuación téndose en conta os criterios seguintes:

Probas psicotécnicas: ata 50 puntos.

Entrevista persoal: ata 50 puntos.

Ourense, 4 de abril de 2000.

Juan Carlos Cabanelas Rodríguez

Xerente de Xestion Urbanística de Ourense, S.A.