Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.290

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (220/1999).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño que no xuízo de faltas 220/1999 se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Sentencia.

En nome da súa maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela, o 16 de marzo de 2000.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou esta resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia nº 220/1999, no que actuaron como partes, como denunciantes, os policías locais números 50 e 54 e, como denunciado, Juan Manuel Mendoza García.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Juan Manuel Mendoza García como autor responsable dunha falta do artigo 634 á pena de 20 días con cota diaria de 200 pesetas, así como ás custas procesuais.

A pena deberá pagarse unha vez que esta resolución sexa firme e sexa requirido para o efecto, de non facerse efectiva, imponse a pena privativa de liberdade para cumprir en centro penitenciario dun día por cada dúas cotas diarias que deixase de pagar.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial, no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas ou garantías procesuais que causasen a indefensión do recorrente en termos tales que non poida ser emendada na segunda instancia, citaranse as normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse terse pedido a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen en momento en que fose xa imposible a reclamación.

No mesmo escrito de formalización, o recorrente poderá pedi-la práctica de probas que non puido propor en primeira instancia, das probas propostas que lle foran indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expondo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Juan Manuel Mendoza García, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o once de abril de dous mil.

O secretario

Rubricado