Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.291

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRINTA E TRES DE MADRID

EDICTO de poxa (106/1999).

Ana Olalla del Olmo, secretaria do Xulgado do Social número trinta e tres de Madrid, polo presente edicto remítolle a vostede edicto dimanante do procedemento de referencia, inciado por instancia de Vicente Rodríguez Escobar, contra Shirting Eurocompany, S.A. e Confecciones Cofrentes, S.A., facendo constar que no día da data se ordenou sacar a poxa os seguintes bens embargados como propiedade de Shirting Eurocompany, S.A., a relación e taxación dos cales se inclúe a seguir, así como as condicións das poxas.

Bens que se poxan, co correspondente valor de taxación e prezo xusto deles:

Un único lote valorado en 4.838.000 ptas. e composto por:

-Unha máquina YAMATO, c/ motor, tipos DCZ-361 Y-D2 e M60-340-TRII. Nº Z122947-14729.

-Cabezal DURKOPP ADLER 134/80, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0272-140042, DC1600 IP40 ICLE. Nº 2264797, 031168132, 3 A, 103212.

-Cabezal DURKOPP ADKER, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0244115555, VD552, 6 F82 AV2220 Y1-N30. Nº 244704259, 13229084, 26349.

-Cabezal DURKOPP ADLER, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0271140042, DC1600, N158. Nº 645874, 3116815, 1032162.

-Cabezal DURKOPP ADLER, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0271140042, DC1600, N153. Nº 646052, 3093174, 94550.

-Cabezal JUKI, motor SUPER, tipos: LBH-780, plso-340 TS. Nº 781-M10-402, 187618.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa DURKOPP, tipos: 0576-001111, VD-552, clase 576. Nº 666360, 13213977, 628.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0271140042, DC1600, IP40 ICLE, N158. Nº 645879, 3116816, 1032164.

-Cabezal RIMOLDI, motor RIMOLDI, tipos: 184-00-2 CA-11, Simb. 911570, nº 866456, 28050/3420.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0271140042, DC1600, N153. Nº 645537, 3093168, 96147.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0244115555, VD552, 6 F82 AV2220 Y1-N30. Nº 0244704994, 13229088, 26346.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0272140042, DC1600, N158. Nº 272647975, 3116818, 1032170.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA. Tipos: 0271140042, DC1600 IP40 ICLE. Nº 646051, 3093169.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0271140042, DC1600 L158. Nº 645889, 3116817, 1032168.

-Cabezal DURKOPP, motor EFKA, caixa EFKA, tipos: 0271140042, DC1600 N158. Nº 645892, 3116820, 1032171.

-Cabezal JUKI, motor ITALMOTOR, tipos: MB373, 1127/ C. Nº MB0 ZE44676, 44465.

-Cabezal JUKI, motor ITALMOTOR, tipos: MB372, 1127/ C. Nº S72-S-82099, 45025.

Condicións da poxa:

Terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, en primeira poxa, o día 7 de xuño de 2000, ás 10.15 horas, en segunda poxa, se é o caso, o día 5 de xullo de 2000 ás 9.30 horas e en terceira poxa, tamén, se é o caso, o día 6 de setembro de 2000, ás 9.30 horas e celebraranse baixo as condicións seguintes:

1. Que antes de verificarse o remate poderá o debedor libra-los bens pagando un principal, xuros e custas, logo de celebrado quedará a venda irrevogable (artigos 249 da LPL e 1.498 da LEC).

2. Os licitadores deberán acreditar previamente teren depositado o 20% alomenos do valor dos bens que sirvan de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos (artigos 1500 da LEC) e iso exclusivamente mediante xustificante acreditativo de depósito na conta corrente nº 2806, que este xulgado ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya da rúa Basílica, 19 de Madrid.

3. O executante e quen puidera subrogarse legalmente no seu lugar poderá tomar parte nas poxas e mellora-las ofertas que se fixesen, sen necesidade de consigna-la suma antes mencionada.

4. Poderán efectuarse ofertas por escrito en prego pechado (artigos 1499 e 1503 da LEC).

5. A primeira poxa terá como tipo o valor de taxación dos bens, non admitíndose ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo que serve de tipo para esta poxa.

6. En segunda poxa, se é o caso, os bens sairán cunha rebaixa do 25% da taxación, non admitíndose ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do prezo que serve de tipo para esta poxa.

7. En terceira poxa, se fose necesario celebrala, a oferta mínima deberá exceder do 25% da cantidade en que están taxados os bens. Se houbese oferta que ofreza suma superior, aprobarase o remate. De resultar deserta a terceira poxa, os executantes ou no seu defecto os responsables legais, solidarios e subsidiarios terán o dereito a adxudicarse os bens polo 25% da súa taxación, dandóselles para tal fin o prazo común de dez días, de non facerse uso deste dereito alzarase o embargo (artigo 262 da LPL).

8. De quedar deserta a primeira poxa, o executante poderá pedi-la adxudicación dos bens polas dúas terceiras partes da súa taxación, ou que se saquen de novo a poxa pública, con rebaixa do 25% da taxación. Ó resultar deserta a segunda poxa, o ofertante poderá pedir ou a adxudicación dos bens polas dúas terceiras partes do prezo que servise de tipo para esta segunda poxa, ou que lla entreguen en administración para aplica-los seus productos ó pago dos xuros e extinción do capital.

9. Que o prezo do remate deberá cumprirse dentro dos tres días seguintes á aprobación del.

10. Só as ofertas realizadas polos executantes ou polos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderán facerse en calidade de lle cede-lo remate a un terceiro (artigo 264 da LPL).

11. Se a adxudicación en poxa se realiza a favor de parte dos executantes e o prezo de adxudicación non é suficiente para cubrir tódolos créditos dos restantes acredores, os créditos dos adxudicatarios só se extinguirán ata a concorrencia da suma que sobre o prezo de adxudicación deberá serlles atribuída no reparto proporcional. De ser inferior ó prezo deberán os acredores adxudicatarios aboa-lo exceso en metálico (artigo 263 da LPL).

Os bens embargados están depositados no domicilio da demandada Shirting Eurocompany, S.A., sita na estrada da estación, 22, Redondela, Pontevedra.

E para que sirva de notificación ó público en xeral e ás partes deste proceso, en particular, en cumprimento do establecido na vixente lexislación procesual, expídese o presente edicto en Madrid, o tres de abril de dous mil.

O secretario xudicial

Rubricado