Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a ampliación da estrada de Eirís no concello da Coruña.

Antecedentes

O Concello da Coruña remitiulle á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña expediente de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a ampliación da estrada de Eirís, de conformidade co artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG).

Fundamentos xurídicos

Primeiro.-O proxecto de expropiación forzosa tramitouse polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 145 da LSG.

Segundo.-O proxecto de expropiación forzosa acordouse iniciar por resolución da Alcaldía Presidencia do 12 de xullo de 1996 do Concello da Coruña e foi sometido a información pública polo prazo dun mes, anunciándose nos diarios La Voz de Galicia e El Ideal Gallego do 12 de agosto e 13 de agosto de 1996 respectivamente, e no BOP e DOG do 13 de agosto e 31 de agosto de 1996 respectivamente.

Terceiro.-As taxacións foron notificadas individualmente ós que aparecían como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulasen alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación, tal e como sinala o artigo 145.4º da LSG.

Cuarto.-A Corporación Municipal do Concello da Coruña, en sesión plenaria do 3 de maio de 1999, acordou aproba-los informes relativos ás alegacións presentadas polos interesados en relación co proxec

to de expropiación, e remiti-lo dito proxecto á Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña para a súa aprobación definitiva tal como sinala o artigo 145.6º da LSG.

Quinto.-No Concello da Coruña está vixente o Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado o 19 de outubro de 1998.

Os terreos que se pretende expropiar están clasificados como solo urbano e solo urbanizable coa cualificación de sistema local. Rede viaria.

En consecuencia, de acordo co artigo 54 da LSG en relación co artigo 33 da Lei 6/1998, do 13 de abril, sobre réxime do solo e valoracións (LRSV), resulta acreditada a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens afectados.

Sexto.-No proxecto de expropiación remitido polo Concello da Coruña utilizáronse os criterios de valoración dos artigos 27 e 28.3º da LRSV.

Sétimo.-A Orde do 30 de decembro de 1999, do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda (DOG do 10 de xaneiro de 2000), pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo, no seu artigo 1 delega no director xeral de Urbanismo a aprobación definitiva, do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, previsto polo artigo 145 da LSG.

Á vista de canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos necesarios para a ampliación da estrada de Eirís no concello da Coruña, facendo constar que a aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da LSG.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos núms. 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación de prezo xusto (artigo 146, punto 2º, da LSG).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7º da LSG, advertíndoos de que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, se entenderá aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose

determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145, punto 8º, da LSG).

Terceiro.-Publica-la presente resolución así como a relación dos seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do concello:

ParcelaPropietariosSuperficie mValoración ptas.

1Mª Josefa Blanco-Rajoy

Martínez Reboredo

972.585.870

2Fomento de La Coruña, S.A.835.280

3José Suárez González253.317

4Manuel e José López Díaz4106.634

5Descoñecido24105.840

6Carmen Castro Freire126.658

7Carmen Castro Freire591.572.849

8Manuel Blanco Lorenzo e outros C.B.31826.412

9Manuel Blanco Lorenzo e outros C.B.28746.437

10Manuel Vieites López13346.560

11José Suárez Pedreira e Obdulia García Rodríguez9239.926

12María López Ríos9239.926

13Viviendas Coruñesas, S.A.8213.268

14Descoñecido28.820

15Fomento de La Coruña, S.A.37163.170

16Fomento de La Coruña, S.A.179789.390

17Fomento de La Coruña, S.A.157692.370

18Amelia García López11293.243

19Urbanización Noroeste, S.L.701.866.092

21José Emilio Codina Boigues36959.704

22José Emilio Codina Boigues23613.144

23Feliciano Budiño Vázquez9239.926

24Jesús Rivera Formoso1252.920

25Descoñecido1461.740

26Descoñecido731.946.067

27Javier Sevilla García e Beatriz Fernández Gago23613.144

28Ministerio Defensa (GINDEF Deleg. Galicia-Asturias)1032.745.820

29Manuel Martínez Mosquera10266.585

Así mesmo, a publicación e exposición no taboleiro de edictos do concello servirá de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución (artigos 116, 117 e 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación (artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa).

Para o caso de que se interpoña o recurso potestativo de reposición, ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta, non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo (artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2000.

José Jesús Cudeiro Mazaira

Director xeral de Urbanismo