Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 97/2000, do 14 de abril, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Carballeda de Avia, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de alargamento e pavimentación de camiños en Cons, Cuartas de Abaixo e Foxiños.

O Concello de Carballeda de Avia, en sesión que tivo lugar o día 11 de outubro de 1999, aprobou o proxecto de alargamento e pavimentación de camiños en Cons, Cuartas de Abaixo e Foxiños e, na mesma sesión, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. O concello remitiu a documentación complementaria para correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 4 de abril de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data do 27 de marzo de 2000.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo consta no expediente, respecto ós camiños de Cons e Cuartas de Abaixo, os terreos afectados están a invadir parte do carril das respectivas vías locais, interrompendo o paso da cuneta do desaugadoiro das augas pluviais e de escorrentía, producindo o encharcamento da calzada e a perigosidade do seu firme.

Respecto ó monte Foxiños, a superficie afectada provoca a interrupción e a imposibilidade material do tráfico rodado na vía local pola que se accede ó cemiterio e ó encoro da traída de augas.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de abril de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Carballeda de

Avia para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de alargamento e pavimentación de camiños en Cons, Cuartas de Abaixo e Foxiños.

Vilalba, catorce de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais