Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo regulador do convenio colectivo dos funcionarios e traballadores do Concello de Vimianzo.

Visto o texto do acordo regulador-convenio colectivo dos funcionarios e traballadores do Concello de Vimianzo (código 1503552), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-1-2000, posteriormente rectificado con data do 24-3-2000, subscrito en representación da parte económica polo concello e da parte social, polos delegados de persoal o día 2-11-1999 e aprobado polo Pleno do Concello do día 27-11-1999, e de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, sobre órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, segundo a redacción dada pola Lei 7/1990, do 19 de xullo e co disposto no artigo 9.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo,

sobre traspaso de funcións e servicios da administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do acordo regulador-convenio colectivo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de marzo de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acordo regulador-convenio colectivo dos funcionarios

e traballadores do Concello de Vimianzo

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

1.1. Ámbito persoal.

Os acordos que se recollen no presente documento serán de aplicación ó persoal funcionario, interino e ó persoal laboral, salvo nas cuestións específicas dos funcionarios, que presten servicios no Concello de Vimianzo, así como xubilados e pensionistas naqueles temas recollidos no acordo que os afecten, primando con carácter de exclusividade sobre outros acordos ou resolucións que afecten o mesmo ámbito de aplicación.

1.2. Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día que sexa aprobado polo Pleno do Concello e rematará o día 31 de decembro de 2000, prorrogándose a súa aplicación mentres non sexa substituído por outro.

1.3. Carácter.

O acordo ten un carácter mínimo necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas constitúen un todo orgánico e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente, vinculado á totalidade; sen embargo, poderán ser renegociadas, modificadas ou reconsideradas parcialmente illadas do seu contexto.

1.4. Condicións máis beneficiosas.

1. As melloras establecidas en calquera outra disposición de calquera rango, e todas aquelas situacións colectivas que comparadas analítica ou globalmente sexan superiores ás do acordo, serán de aplicación constante polo principio de norma máis favorable ou condicións máis beneficiosas para os traballadores, con exclusión de situacións singulares e sen prexuízo do previsto no artigo seguinte.

2. Terase por nula ou por non feita a renuncia por parte dos traballadores do concello a calquera dos beneficios establecidos neste acordo. Considerarase de nulidade, entendéndose como non disposto e sen efecto ningún, calquera acordo, resolución ou cláusula que implique condicións menos beneficiosas para os traballadores.

1.5. Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas no acordo serán compensadas e absorbidas en cómputo anual e global coas superiores existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe, denominación e forma.

1.6. Aplicación directa.

As partes asinantes que conteñen o presente acordo aplícanse con preferencia sobre calquera outra e, en todo caso, serán de aplicación supletoria da correspondente normativa vixente do réxime estatutario do persoal das administracións públicas.

1.7. Aplicación preferente.

As disposicións que conteñen o presente acordo aplícanse con preferencia sobre calquera outra e, en todo caso, serán de aplicación supletoria da correspondente normativa vixente do réxime estatutario do persoal das administracións públicas.

1.8. Publicidade do acordo.

O presente acordo remitiráselle á oficina pública á que fai referencia a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e será publicado no BOP inmediatamente despois da súa aprobación polo Pleno da Corporación Municipal.

1.9. Comisión de seguimento e interpretación.

a) Crearase unha comisión paritaria mixta de seguimento, interpretación e desenvolvemento do acordo regulador-convenio que entenderá da súa aplicación.

b) A comisión paritaria mixta constituirase no prazo dos quince días seguintes á sinatura do acordo sen que o seu número exceda de catro membros; dous designados polos representantes sindicais participantes na negociación do acordo e dous nomeados polo alcalde. Ámbalas partes designarán titulares e suplentes.

c) A dita comisión reunirase de maneira ordinaria polo menos unha vez cada trimestre, e con carácter extraordinario sempre que o estime preciso algunha das partes, para analizar temas concretos; as ditas reunións extraordinarias serán como máximo tres ó ano.

d) Os acordos adoptaranse por unanimidade entre as dúas representacións, serán recollidos en acta e daráselles publicidade no taboleiro de edictos do concello así como no taboleiro do persoal.

e) O convenio manterase en vigor ata que se establezan as modificacións precisas ou se faga un novo convenio.

f) Este convenio entenderase denunciado ó seu vencemento, e en caso de que en dous meses non se asine un novo que o substitúa; prorrogarase por anos naturais, mantendo vixentes tódolos seus artigos mentres non sexan modificados por un novo acordo.

1.10. Revisión salarial.

Este convenio revisarase de maneira automática en materia referente a retribucións, sen necesidade de previa denuncia, cando proceda a revisión por norma de obrigado cumprimento ou resulte de acordos particulares entre o concello e os representantes dos traballadores.

Capítulo II

Xornada e calendario laboral

Artigo 2º

2.1. Descanso.

Os traballadores municipais disporán dun descanso de 20 minutos diarios retribuídos e non recuperables, dentro da xornada laboral.

2.2. Traballo en período nocturno.

Entenderase por traballo en período nocturno o efectuado entre as 10 da noite (22 horas) e as 8 horas da mañá.

2.3. Traballo en período festivo.

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 24 horas da véspera e as 24 horas de cada domingo ou festivo.

2.4. Traballo a quenda.

Naqueles servicios municipais que pola natureza da súa actividade deban organizarse por quendas de traballo, estas efectuaranse mediante a rotación entre distintas quendas de tódolos traballadores afectados.

Especificamente procurarase que nos servicios nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos, ou horas nocturas as xornadas traballadas nas ditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre tódolos traballadores adscritos ó servicio.

2.5. Pausa entre cada quenda.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servicio municipal, entre o final dunha quenda e o comezo da seguinte, mediarán como mínimo 12 horas, salvo situacións excepcionais.

2.6. Horas extraordinarias.

1. Ante a grave situación de paro laboral existente en Galicia e co obxecto de favorece-la creación de emprego, acórdase a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias; isto é, as realizadas fóra da xornada de traballo e cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión total e absoluta. Neste sentido, se como consecuencia do traballo propio dun servicio se estivesen a facer horas extras de forma habitual e en horario concreto, fóra do calendario establecido, procederase á negociación necesaria para establecer un réxime de horarios nos que queden aseguradas as necesidades do servicio.

b) Horas extraordinarias necesarias por producirse imprevistos, ausencias, interrupcións do servicio, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade ou servicio de que se trate: permitiranse sempre e cando non sexa posible resolver estas situacións coa redistribución dos efectivos de persoal existentes no cadro de persoal, ou recorrer á contratación temporal en calquera das modalidades existentes na lexislación vixente.

2. Os responsables dos servicios ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización das horas extraordinarias, así como da veracidade dos acontecementos aludidos en puntos anteriores que xustificasen a súa realización.

3. Excepcionalmente, cando o desfrute de horas libres de compensación pola realización de horas extraordinarias poida supoñer un grave prexuízo para o funcionamento dun determinado servicio ou unidade administrativa, a compensación poderá substituírse pola remuneración económica nas contías que para cada grupo se establezan no anexo I deste convenio. Non obstante, a compensación por horas será de 1,75 hora libre por cada hora extra, ou 2 horas libres por cada hora extra se se fixo en horario nocturno ou festivo.

4. A realización de horas extraordinarias por cada traballador, en ningún caso superará un total de oito ó mes ou oitenta ó ano, salvo razóns excepcionais, apreciadas pola Alcaldía mes a mes.

5. O persoal que sexa nomeado para formar parte de tribunais de oposicións cobrará as cantidades por asistencias que correspondan segundo a lexislación vixente.

2.7. Calendario laboral e horarios.

1. O calendario laboral será o establecido con carácter oficial pola Xunta de Galicia, coas peculiaridades propias de cada concello.

-Horario persoal oficinas municipais do concello:

De luns a venres: de 8.30 a 14.30 h. (os luns tamén se traballará de 16 a 20 h.).

Sábados: de 9 a 13.30 h.

-Horario persoal policía local:

Luns. Mañá: de 9 a 13.30 h. Serán: de 16 a 2 h.

De martes a venres. Mañá: de 9 a 13.30 h. Serán: de 16 a 18 h.

Sábados. Mañá: de 9 a 13.30 h. (segundo quendas no calendario establecido).

-Horario persoal instalacións iluminación pública:

De luns a venres. Mañá: de 9 a 13 h. Serán: de 15.30 a 19 h.

-Horario persoal abastecemento de auga:

De luns a venres. Mañá: de 9 a 13 h. Serán: de 15.30 a 19 h.

-Horario persoal servicios xerais:

Este persoal está contratado en réxime de media xornada; polo tanto, o horario será o seguinte:

De luns a venres. Serán: de 16 a 19.45 h.

-Horario persoal recollida lixo e limpeza viaria:

* Camión lixo:

Luns, martes, mércores, venres: de 7 a 14 h.

Xoves. Maña: de 7 a 13.30 h. Serán: de 16 a 19.30 h.

* Operarios:

De luns a venres. Mañá: de 9 a 13 h. Serán: de 15.30 a 19 h.

-Horario persoal cultura:

* Postos de ADL e animador sociocultural:

O mesmo horario que o persoal de oficinas municipais.

* Conserxe castelo:

Mañá: de 10 a 14 h. Serán: de 16 a 18.30 h.

* Biblioteca:

De luns a venres. Serán: de 13.30 a 20 h.

Sábados. Mañá: de 8.30 a 13.30 h.

Horario de verán (15-6 ó 15-9) e horario de Nadal (20-12 a 7-1): o mesmo que o establecido para o personal de oficinas municipais.

-Horario persoal de deportes e lecer:

O horario establecerase segundo a programación das actividades que organice o concello.

2. Establécense os días 24 e 31 de decembro, 22 de maio (Sta. Rita, patrona dos traballadores da Administración local) e Sábado Santo como días non laborables e remunerados, agás os traballadores que teñan que traballar neses días (rexistro municipal, servicios de garda), que serán compensados cun día libre dentro do mes seguinte. Se o día de Sta. Rita cadrase en festivo, trasladarase ó seguinte día laborable.

Durante a semana grande (festas de verán), os traballadores reducirán o seu horario unha hora antes da saída.

3. Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-lo seu traballo en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto ó calen

dario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os traballadores.

Nos servicios nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre tódolos traballadores adscritos ó servicio, atendendo ás características específicas de cada posto de traballo.

4. Os calendarios de quendas serán elaborados polo alcalde e daráselle conta ós órganos de representación dos traballadores e expoñeranse nos taboleiros de anuncios, e só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas ou sobrevidas así o requiran.

5. Calquera modificación que se pretenda levar a cabo nos calendarios laborais establecidos deberá ser debidamente motivada e argumentada. Toda modificación deberá facerse pública cunha anticipación mínima dun mes antes das datas efectuadas e deberá serlles notificada ós interesados e ós representantes sindicais dos traballadores do concello, coa excepción das modificacións derivadas de situacións sobrevidas e de urxencia.

6. O cambio dun traballador ou grupo de traballadores dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do xefe do Persoal. En todo caso deberán ser oídos os interesados e representantes do persoal.

7. Aqueles traballadores que realicen estudios ou asistan a cursos de formación terán preferencia á adaptación do seu horario de traballo para a asistencia a estes.

Capítulo III

Vacacións. Permisos e licencias.

Situacións administrativas

Artigo 3º

3.1. Calendario de vacacións.

1. As vacacións anuais terán unha duración dun mes natural; desfrutaranse con carácter xeral, preferentemente entre os meses de xuño a setembro, ámbolos dous inclusive, salvo que os traballadores soliciten expresamente desfrutalas fóra deste período, quedando sometido, en todo caso, o seu desfrute ás necesidades do servicio, así como á cobertura do seu posto de traballo.

As vacacións poderán desfrutarse en meses naturais completos, ou ben desde os días 16 a 15 de meses sucesivos, podendo, así mesmo, fraccionarse en dous períodos de quince días naturais, sempre que a natureza do servicio o permita.

O traballador que teña fillo/s en idade escolar terá preferencia á hora de escolle-lo seu período vacacional, en especial o/s fillo/s que estean cursando estudios de ensino infantil e primario.

2. Nos servicios onde puidese producirse colisión de intereses respecto do desfrute das vacacións organizaranse as quendas de forma rotatoria.

3. A duración do período vacacional dos traballadores que non acaden un ano de servicio activo, será proporcional ó tempo de servicio que medie desde a data do seu ingreso ata o 31 de decembro do mesmo ano, redondeando o resultado en días completos por exceso.

4. Antes do día vintecinco de maio, tódolos traballadores comunicarán a Alcaldía cando van desfrutar do seu período vacacional para a elaboración do cadro correspondente. Toda variación posterior do cadro deberá ser comunicada, agás causas de urxencia excepcionais, cun mes de antelación. O cadro de vacacións exporase no taboleiro de anuncios do persoal. En todo caso, os traballadores coñecerán cando menos cun mes de antelación a data das súas vacacións. No suposto de que isto sexa imposible por razón de quendas ou necesidades do servicio, debidamente acreditadas e xustificadas, coñecerano cun mes de antelación como mínimo, co fin de poder organiza-lo exercicio deste dereito.

5. Enfermidade sobrevida previa ás vacacións.

A enfermidade debidamente acreditada, sobrevida antes de comeza-las vacacións anuais, pode ser alegada para solicitar un cambio na determinación do período vacacional. Correspóndelle ó concelleiro de Persoal apreciar se as necesidades do servicio quedan salvagardadas.

6. Enfermidade sobrevida durante as vacacións.

A enfermidade sobrevida durante o período de desfrute das vacacións interrómpeas; polo tanto, os días durante os que se padeza a enfermidade poderán desfrutarse en momento distinto, debidamente xustificada mediante baixa médica ou informe médico.

7. As vacacións non poderán ser recompensadas en metálico en todo nin en parte, agás cando no transcurso do ano se produza a extinción da relación de emprego do traballador e aínda non teña desfrutado ou completado na súa totalidade o desfrute do período vacacional. En caso de suspensión de funcións dun traballador, que será sempre por motivo de sanción, o concello poderá elixir entre pagarlle as vacacións ou concederllas.

8. O período de desfrute das vacacións poderá ser interrompido se as necesidades do servicio así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso o traballador afectado, reestablecida a situación, conservará o dereito a completa-lo seu desfrute aínda que rematase o ano natural a que corresponde.

9. A traballadora embarazada terá dereito a escolle-la data das súas vacacións regulamentarias, sempre e cando as xunte á baixa de maternidade.

3.2. Permisos e licencias.

1. O traballador, logo de solicitude, poderá obter licencia con dereito a remuneración, por algúns dos motivos e polo tempo seguinte:

-Por matrimonio propio, o persoal terá dereito a unha licencia retribuída de 15 días naturais ininterrompidos, que poderá acumular coas vacacións.

-Por matrimonio de parentes, ata segundo grao, 1 día.

-Por paternidade, dous días se o nacemento se produce dentro da localidade e catro días, se é noutra localidade.

-No caso de parto múltiple de acordo con artigo 5 da Lei 39/1999, do 5 de novembro, para promove-la conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras (BOE do 6 de novembro) o período será de dezaseis semanas, ampliables en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo.

A nai, respectando o descanso obrigatorio de seis semanas inmediatamente posteriores ó parto, poderá optar, ó iniciarse o período de descanso, porque o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do dito período, posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva coa da nai.

No suposto do permiso de maternidade que recolle o convenio, de non supervivencia do nacido e naqueles nos que se produza o aborto dun feto viable, hai que ter en conta que o permiso por maternidade xera unha prestación económica a cargo da Seguridade Social (artigo 133 bis do texto refundido da Lei xeral de Seguridade Social R.D.L. 1/1994, do 20 de xuño) polo que neste suposto habería que aterse ó que dispón a Seguridade Social nesta materia, agás que o concello lle satisfaga á traballadora a renumeración correspondente polo tempo que resta das dezaseis semanas e que non se fai cargo a Seguridade Social.

-Nos casos de adopción inclúese o acollemento, tanto preadoptivo como permanente, e a duración do período de suspensión será en tódolos casos de dezaseis semanas, ampliables en caso de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. Este suposto será tanto para os menores de seis anos como para os menores maiores de seis anos, discapacitados, minusválidos ou que polas súas circunstancias ou experiencias persoais ou que por viren do estranxeiro teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. Os períodos mencionados contaranse ben a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.

-Por enfermidade, accidente ou falecemento de familiares:

* Enfermidades ou accidentes propios, os días necesarios segundo parte médico.

* Enfermidade grave ou morte do cónxuxe ou fillo/a, dous días se se produce na mesma localidade ou catro días se se produce noutra localidade.

* Por falecemento dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, ou enfermidade grave, dous días cando o suceso se produza na mesma localidade, catro días cando sexa en localidade distinta ou fóra da Comunidade Autónoma.

* Falecemento dun familiar de terceiro grao de consanguinidade ou afinidade: un día.

-Quen por razóns de garda legal teña ó coidado algún menor de seis anos ou un diminuído físico, psíquico ou sensorial, terá dereito á diminución dun

medio ou un tercio na súa xornada de traballo coa reducción proporcional das súas retribucións.

-Por traslado do domicilio habitual, un día.

-Para concorrer a exames e demais probas de aptitude ou avaliación en centros oficiais, durante os días da súa realización.

-O persoal cun fillo menor de nove meses terá dereito a unha hora diaria de ausencia do traballo. Este período de tempo poderá dividirse en dúas fraccións, ou substituírse pola reducción da xornada nunha hora.

-Por acudir a consultas, tratamentos e exploracións de tipo médico.

-Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, no tempo e forma establecida no presente acordo.

-Por asuntos propios poderán dispoñerse de ata nove días ó ano como máximo sen xustificación, atendendo ás necesidades do servicio. Non se poderán xuntar estes días coas vacacións anuais.

Se o traballador non desfrutase, durante o ano, dos nove días mencionados anteriormente ou lle faltasen aínda sete días poderá optar ó permiso navideño:

1ª tanda: do 24 ó 30 de decembro, ambos inclusive.

2ª tanda: do 31 de decembro ó 6 de xaneiro, ambos inclusive.

Para tal efecto levarase un control dos días desfrutados por cada traballador ó longo do ano. Rotará de ano en ano cada traballador cando houbese conflicto de intereses.

2. Logo de solicitude e autorización e posterior xustificación, poderanse concede-las seguintes licencias:

-Poderanse conceder licencias para a realización de estudios directamente relacionados coa Administración pública. O traballador terá dereito a percibir como mínimo as retribucións básicas ou salario base.

-Poderase conceder permiso para asistencia a eventos colectivos de carácter técnico, científico, profesional, colexial, asociativo ou sindical. Se a asistencia fose promovida polo propio concello por tratarse de materias de interese para este, o persoal terá dereito á indemnización por axudas de custo, gastos de viaxe, de estadía, inscrición e outros.

-Excedencias:

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, que dará dereito á conservación do posto de traballo e ó cómputo da antigüidade na súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite o traballo. O ingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

2. O traballador con polo menos unha antigüidade no Concello de Vimianzo de tres anos, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en

excedencia voluntaria por tempo non inferior a un ano e de duración superior segundo se estableza na lexislación vixente. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

3. Na regulación da excedencia, non superior a tres anos, para coidado de fillos (naturais, adoptivos, acollidos), tanto preadoptivo como permanente, o período contarase desde o nacemento ou desde a resolución xudicial ou administrativa. Inclúese tamén unha excedencia non superior a un ano (pódese pactar duración superior por negociación colectiva), para coidado dun familiar ata o 2º grao de consaguinidade ou afinidade, que por razón da idade, accidente ou enfermidade, non poida valerse por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída. Estes dous tipos de excedencia constitúen un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. No caso de que dous ou máis traballadores do concello xerasen ese dereito polo mesmo suxeito causante, poderá o concello por razóns xustificadas de funcionamento limita-lo exercicio simultáneo, pero só neses casos.

4. Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso á situación de excedencia no concello os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

5. O traballador excedente conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbese ó producirse a excedencia.

6. A situación de excedencia poderá estenderse a outros supostos colectivamente acordados, co réxime e os efectos que alí se prevexan.

3. Baixa laboral.

a) Tódolos traballadores que estean de baixa por enfermidade, incapacidade temporal e de maternidade percibirán as cantidades que lles correspondan segundo a lexislación vixente.

En caso de baixa laboral o traballador estará obrigado a presentar no concello (por si mesmo ou persoa que designe) o xustificante da baixa así como os sucesivos partes de confirmación.

3.3. Tramitación.

1.a) As solicitudes de licencias presentaranse no rexistro do concello, que disporá duns modelos normalizados. Estes impresos deberán ser cubertos polos interesados, facendo consta-la clase de licencia que se solicita e a súa duración, achegando, se é o caso, a xustificación documental pertinente.

b) Os modelos dos impresos normalizados de solicitude deberán ser revisados pola comisión de seguimento deste acordo regulador. Así mesmo, a comisión debe concreta-las xustificacións documentais pertinentes para presentar con cada tipo de solicitude.

c) As licencias deberán ser solicitadas con cinco días hábiles de antelación, salvo nos casos de urxente

necesidade, nos que non será necesario o cumprimento do indicado preaviso.

2.a) A concesión dos permisos e licencias corresponderalle ó alcalde-presidente do concello ou persoa en quen delegue, quen dictará para o efecto a oportuna resolución.

b) No sentido do establecido no punto anterior, as solicitudes das licencias formuladas en forma e prazo (consonte o establecido no presente capítulo) deberán ser resoltas e notificadas ós solicitantes coa debida antelación á data en que deba comeza-lo desfrute da licencia solicitada. No caso de que tal resolución non se produza, entenderase concedida nos termos do solicitado.

3.a) O desfrute de licencias e permisos debidamente xustificados constitúe un dereito fundamental do persoal, dado que comporta esixencias de carácter humano, social e sindical, que non poden ser desatendidas, polo que a súa concesión non é facultade discrecional senón obriga, correlativa da entidade local.

b) Calquera resolución negativa de permisos ou licencias deberá ser debidamente motivada e argumentada. Previamente á adopción de calquera resolución denegatoria deberá ser oído o interesado e o órgano de representación sindical.

4. Carecerán de validez e consideraranse nulos para tódolos efectos os permisos e licencias que non sexan tramitados e resoltos consonte o establecido no presente acordo, sen prexuízo do establecido nos casos de urxente necesidade.

3.4. Situacións administrativas.

En relación coa situación do persoal funcionario do Concello de Vimianzo observarase o disposto no Real decreto 730/1986, do 11 de abril, o que remite o artigo 29 e seguintes da Lei 30/1984, do 2 de agosto; Lei 23/1988, da modificación da Lei de medidas para a reforma da función pública e na Lei 3/1989, do 3 de marzo.

Capítulo IV

Condicións económicas e melloras sociais

Condicións económicas

Artigo 4º

a) Normas xerais e comúns do réxime de retribucións:

1. Os traballadores serán remunerados polo concello segundo os conceptos e as contías que se determinen neste acordo.

2. A ordenación do pagamento de gastos de persoal ten carácter preferente sobre calquera outro que deba realizarse con cargo ós fondos correspondentes da corporación.

3. As retribucións percibidas polos traballadores gozarán da publicidade establecida na norma vixente.

4. O concello entregaralle a cada traballador a nómina correspondente á súa mensualidade. O modelo de

nómina será igual para tódolos traballadores e nela figurarán os conceptos que a compoñen perfectamente definidos. As devanditas nóminas entregaranse seladas e asinadas por persoa competente.

5. Para lle facilitar o traballo á intervención, o traballador estará obrigado a comparecer nas oficinas municipais na primeira semana do mes seguinte da mensualidade que se vai cobrar, para efectos de asina-lo correspondente recibo da nómina.

b) Conceptos retributivos.

b.1.) Para o persoal funcionario:

b.1.1. Básicas:

a) Salario base.

O soldo é o que corresponde ó índice de proporcionalidade asignado a cada un dos grupos en que se organizan os corpos e escalas, clases ou categorías.

b) Trienios (antigüidade).

Os trienios consisten nunha cantidade igual para cada grupo por cada tres anos de servicios no corpo e escala, clase ou categoría. Devengaranse mensualmente a partir do día 1 do mes en que se cumpran tres ou múltiplo de tres anos de servicios efectivos.

Cando un funcionario cambie de adscrición a un grupo antes de completar un trienio, a fracción de tempo transcorrido considerarase como tempo de servicios prestados no novo grupo.

c) Pagas extraordinarias.

Serán dúas ó ano, por un importe mínimo cada unha delas dunha mensualidade do soldo e trienios; devengaranse nos meses de xuño e decembro.

b.1.2. Complementarias:

a) Complemento de destino.

Corresponde ó nivel do posto que desempeñe o funcionario dentro dos mínimos e máximos establecidos na lexislación vixente.

b) Complemento específico.

Retribuirá as condicións particulares dos postos de traballo ou categorías en atención á súa especial dificultade técnica e experiencia no servicio, dedicación, responsabilidade, perigosidade ou toxicidade e penosidade. A valoración, así como a fixación da contía, tanto global como individual, deberán ser negociadas coa representación sindical.

c) Complemento de productividade.

Retribuirá o especial rendemento, a actividade extraordinaria ou funcións que excedan das realizadas habitualmente polo funcionario e o interese e iniciativa con que desempeña o seu traballo en beneficio do servicio. Será o establecido con carácter anual.

d) Gratificacións.

Retribuirá á realización de servicios extraordinarios realizados fóra do horario e xornada habitual ou de

urxencia e, en ningún caso será fixa na súa contía nin periódica no seu devengo.

b.2.) Para o persoal laboral:

b.2.1. Básicas:

a) Salario base.

É ó asignado ó posto de traballo no momento da súa creación.

b) Trienios (antigüidade).

Os trienios/antigüidade consisten nunha cantidade igual para cada grupo por cada tres anos de servicios no posto de traballo que veñan desempeñando. Devengaranse mensualmente a partir do día 1 do mes en que se cumpran tres ou múltiplo de tres anos de servicios efectivos. O seu importe será o que lle corresponda polo grupo en que estea adscrito o traballador segundo a catalogación dos postos de traballo.

c) Pagas extras.

Serán dúas ó ano, por un importe cada unha delas dunha mensualidade; devengaranse nos meses de xuño e decembro.

b.2.2. Complementos:

a) Complemento convenio.

É o consistente en remunera-lo traballador cunha cantidade determinada por acada-lo grao de asistencia e rendemento no traballo e a súa equiparación coa nova táboa salarial.

b) Complemento de actividade.

É o consistente en remunera-lo traballador cunha cantidade determinada por acada-lo grao de asistencia e rendemento no traballo.

c) Complemento de penosidade e perigosidade.

Retribuirá as condicións particulares dos postos de traballo ou categorías en atención á súa especial dificultade técnica, perigosidade ou toxicidade e penosidade. A valoración, así como a fixación da contía, tanto global como individual virá determinada na catalogación dos postos de traballo que aprobe a corporación.

d) Complemento de nocturnidade.

É o consistente en remunera-los traballadores que teñen xornada laboral en horario nocturno. O seu importe será do vintecinco por cento do salario base. A súa asignación será de carácter persoal do traballador que realice esta xornada.

e) Complemento de transporte.

É o consistente en remunera-los traballadores unha cantidade por distancia e desprazamentos segundo necesidades do servicio.

f) Complemento de productividade adicional.

O presidente da corporación poderá asignar, dentro dos límites da cantidade que para tal efecto se consigne no orzamento da corporación, un complemento de productividade en función das circunstancias

obxectivas relacionadas directamente co desempeño do posto de traballo e obxectivos asignados a este, para efectos de retribuí-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese e iniciativa con que o traballador desempeñe este posto, posibilitándose a realización da actividade extraordinaria a tódolos traballadores da mesma categoría.

As contías asignadas polo complemento de productividade mediante resolución da Alcaldía non orixinarán ningún tipo de dereito individual respecto ás valoracións ou apreciacións correspondentes a períodos sucesivos.

Con carácter xeral, as resolucións da Alcaldía en materia de productividade terán eficacia obrigatoria durante o ano en que fosen dictadas.

Limitarase o desenvolvemento desta actividade extraordinaria a un exercicio.

e) Gratificacións.

Retribuirá a realización de servicios extraordinarios realizados fóra do horario e xornada habitual ou de urxencia e, en ningún caso, será fixa na súa contía nin periódica no seu devengo.

Melloras sociais

Artigo 5º

5.1. Anticipos reintegrables.

1. Por petición do interesado, o concello concederalles ós seus empregados anticipos de cantidades sobre o soldo, e a devolución efectuarase mediante deduccións mensuais en nómina e sen que se xeren ningún tipo de xuro.

2. A contía dos citados anticipos será de ata catro mensualidades, cun tope máximo de 500.000 pesetas para tódolos empregados, incluídos os que nas súas catro mensualidades non alcancen a dita cantidade, en todo caso, poderá variarse este tope segundo acordo da mesa negociadora.

3. O período normal de devolución dos anticipos establécese en relación co importe segundo o baremo que se determine (máximo 60 meses).

4. Cando un empregado solicite e lle sexa concedido o tope máximo tal e como se establece no punto 2º deste artigo, poderá optar pola súa amortización entre:

a) Unha cantidade fixa de amortización en 12 mensualidades/ano por un tempo non superior a 5 anos.

b) Prazos porcentuais en 12 mensualidades/ano, fixados como segue:

Ano e contíaImporte anualImporte mensual

1º ano: 14,00% de 500.00070.000 ptas.5.833 ptas.

2º ano: 19,76% de 430.00085.000 ptas.7.083 ptas.

3º ano: 28,98% de 345.000100.000 ptas.8.333 ptas.

4º ano: 46,93% de 245.000115.000 ptas.9.583 ptas.

5º ano: 100,00% de 130.000130.000 ptas. 10.833 ptas.

5. En calquera momento a contía pendente de amortización poderá ser liquidada polo traballador.

6. En todo caso, o período máximo de devolución solicitado polos traballadores, dentro das opcións anteriormente sinaladas, non poderá supera-la data da súa xubilación ou finalización do contrato.

7. Non se concederán novos anticipos se o traballador non amortizou, cando menos, o 75% do que tiña concedido con anterioridade, salvo que por causa de imperiosa necesidade, debidamente xustificada, así se acorde.

8. Os anticipos contarán co informe correspondente, no cal se establecerán as garantías a que houbese lugar.

Artigo 6º

6.1. Garantías xudiciais e asistencia xurídica.

1. O concello prestará ó seu cargo a defensa xurídica de todo traballador que, como consecuencia do exercicio das súas tarefas ou funcións, sexa obxecto de actuacións xudiciais, asumindo así mesmo, as cotas e gastos incluídas fianzas, salvo no caso de que o demandante sexa o concello e sempre que non existise dolo ou imprudencia temeraria no exercicio das súas funcións.

2. Para tal efecto subscribirá o concello unha póliza que garanta unha adecuada cobertura por responsabilidade civil que poida derivarse das actividades profesionais do persoal, salvo en caso de manifesta neglixencia debidamente probada, delicto, dolo, falta ou infracción regulamentaria.

Artigo 7º

7.1. Pólizas de seguros.

O concello subscribirá as pólizas necesarias que cubran os seguintes riscos:

1. Accidentes de traballo. Que lles garanta a cobertura do dito risco a tódolos empregados, en situación de servicio activo, en caso de sufriren accidente de traballo.

2. Responsabilidade civil. Que garanta e cubra as posibles responsabilidades civís que puideran derivarse do establecido no punto anterior.

As condicións da dita póliza serán as seguintes:

a) Cobertura: falecemento, invalidez absoluta e permanente ou invalidez parcial, exclusivamente para aqueles casos de accidentes sufridos durante o exercicio das ocupacións profesionais ou in itinere.

b) Capitais garantidos:

Falecemento: 6.500.000 pesetas.

Invalidez absoluta e permanente: 6.500.000 pesetas.

Das pólizas mencionadas nos artigos 6º e 7º daráselles unha copia ós delegados sindicais que lles entregarán copias a cada traballador.

Artigo 8º

8.1. Axudas sociais.

O concello obrígase a consignar anualmente nos orzamentos municipais unha cantidade global para

sufraga-los gastos do persoal suxeito ó presente convenio polo concepto de bolsas de ensino.

As cantidades asignadas son as seguintes:

Educación infantil, primaria e centros de formación permanente de adultos: 25.000 ptas./fillo/ano.

ESO, ESPO e formación profesional e asimilados: 50.000 ptas./fillo/ano.

Educación universitaria, escolas técnicas superiores: 125.000 ptas./fillo/ano.

Para poder beneficiarse destas axudas é requisito indispensable o seguinte:

1. Ser funcionario de carreira da corporación ou persoal laboral fixo; para o persoal laboral temporal será requisito indispensable ter unha antigüidade dun ano ou superior como traballador deste concello.

2. Declaración xurada de que non se percibe outra subvención de idéntico carácter doutra Administración pública.

Xunto coa solicitude terase que presentar xustificación debidamente documentada de matrícula no centro de estudios correspondente.

Será incompatible esta axuda municipal con outra desta finalidade.

O límite de idade dos fillos non poderá supera-los vinteseis anos.

A súa tramitación e concesión farase dentro do exercicio orzamentario.

Artigo 9º

9.1. Gratificación por xubilación.

O traballador que se xubile por ter acadada a idade regulamentaria ou con carácter voluntario, percibirá unha gratificación de 5.000 pesetas por ano traballado co límite de 235.000 pesetas. O dito importe aboaráselle na derradeira nómina do traballador.

Artigo 10º

10.1. Servicios sanitarios.

1. Recoñecemento médico: o concello adoptará as medidas precisas para que os traballadores efectúen un recoñecemento médico completo de periodicidade anual a través da mutua que teña concertada para os traballadores do concello.

Do resultado da dita revisión darase conta persoalmente a cada traballador sen que o concello reciba de modo individualizado o dito informe. Para efectos estatísticos, o concello poderá solicitar resultados globais da revisión médica, mantendo en todo momento o anonimato.

Artigo 11º

11.1. Axudas de custo e quilometraxe.

1. A todo traballador que, de forma circunstancial e debidamente autorizado, deba exerce-lo seu labor fóra do seu centro de traballo aplicaráselle o réxime de axudas de custos vixentes na actualidade.

2. Os traballadores que utilicen vehículo de seu coa correspondente autorización por motivos de traballo, percibirán as cantidades por quilometraxe que estean aprobadas para os funcionarios públicos.

3. Os traballadores percibirán axudas de custo nos seguintes casos:

a) Cando mediase un desprazamento por razón do servicio a outra localidade.

b) Cando se asista, logo de autorización a: cursos de formación, perfeccionamento, xornadas de traballo, xornadas de debate, charlas, etc. e sempre que non estean subvencionadas para o participante pola súa asistencia.

A contía das axudas de custo será a establecida na normativa vixente en cada caso.

Para poder solicita-la axuda de custo ou quilometraxe utilizarase o impreso normalizado que figura no anexo III.

Capítulo V

Seguridade e saúde laboral

Artigo 12º

A) Dos dereitos e deberes.

12.1. Tódolos traballadores ó servicio do Concello de Vimianzo teñen dereito á saúde laboral, á integridade física e a desfrutar dunhas medidas que garantan a debida protección en materia de seguridade e saúde laboral.

12.2. Os traballadores están obrigados a observar estrictamente tódalas medidas de seguridade e saúde laboral que se adopten con carácter xeral e específico en cada centro ou posto de traballo.

12.3. Así mesmo, os traballadores municipais teñen o deber de cooperar na prevención dos riscos profesionais e no mantemento da máxima hixiene no traballo, cumprindo coas instruccións e ordes sobre estas materias.

Neste eido, os traballadores estarán expresamente obrigados a:

a) Usar correctamente os medios de protección persoal e coidar do seu perfecto estado de conservación.

b) Dar conta inmediata ó seu superior xerárquico ou directamente ó comité de seguridade e saúde laboral das avarías e deficiencias que poidan supoñer riscos ou ocasionar perigo en calquera centro de traballo.

c) Coidar e mante-la súa hixiene persoal, para lles evitar enfermidades contaxiosas ou molestas ós seus compañeiros.

d) Someterse á recoñecementos periódicos e a vacinacións ou inmunizacións ordenadas polas autoridades sanitarias ou polo comité de seguridade e saúde laboral.

e) Non consumir bebidas alcohólicas durante a xornada laboral e absterse de fumar nos lugares que

puidese resultar molesto ós propios compañeiros ou cidadáns (Real decreto 192/1988, da Xunta de Galicia), e non presentarse ou permanecer no posto de traballo en estado de embriaguez ou de calquera outro tipo de intoxicación.

f) Cooperar na extinción de sinistros e no salvamento e auxilio de víctimas de accidentes de traballo nas condicións que, en cada caso, fosen racionalmente esixibles.

12.4. Todo traballador, en caso de risco inminente, e logo de solicitar do seu inmediato superior os medios de protección e prevención de carácter preceptivo para a realización do seu traballo, poderá demora-la súa execución mentres non lle sexan facilitados os ditos medios. Neste suposto, dará conta inmediatamente do feito ó comité de seguridade e saúde laboral, ou a un dos seus membros, sen prexuízo de poñelo en coñecemento da Inspección Provincial de Traballo.

12.5. Será de aplicación no Concello de Vimianzo a Lei de prevención de riscos laborais.

12.6. Con carácter xeral, o persoal do concello que se relaciona no anexo II terá dereito a que se lle faga entrega de roupa de traballo no primeiro trimestre de cada ano.

Así mesmo, os traballadores suxeitos a riscos específicos terán dereito a roupa e elementos de protección axeitados á natureza do risco.

En tódolos centros de traballo haberá, como mínimo, unha caixa de primeiros auxilios, debidamente provista.

B) Do comité de seguridade e saúde laboral.

12.7. Todo traballador ten dereito a participar, por medio dos seus representantes, en materia de seguridade e saúde laboral no traballo.

Para estes efectos, no prazo dun mes desde a aprobación do presente convenio, constituirase un comité de seguridade e saúde laboral no traballo, co obxecto de velar pola adopción, mantemento e perfeccionamento dunhas medidas axeitadas de seguridade e saúde laboral nos centros de traballo dependentes do concello.

12.8. Composicións.

O comité de seguridade e saúde laboral elaborará o seu propio regulamento de funcionamento interno.

As decisións adoptadas polo comité proporanse á autoridade ou órgano competente, que dictará as normas necesarias e velará polo seu estricto cumprimento. Tales decisións terán carácter de urxencia se se refiren de forma perentoria á prevención e conservación da saúde ou integridade física dos traballadores do concello; neste suposto, a autoridade ou órgano competente dictará as normas precisas para que o cumprimento sexa puntual e inmediato.

12.9. Funcións.

Serán funcións propias do comité de seguridade e saúde laboral:

a) Elaborar un regulamento de seguridade e saúde laboral, nun prazo máximo de seis meses desde a entrada en vigor da presente norma reguladora.

b) Redactar no prazo de seis meses un regulamento de vestiario para o persoal que precise roupa específica de traballo ou uniforme.

c) Realizar visitas a tódolos centros de traballo, logo de presentación ante os responsables dos servicios, para os efectos de detectar deficiencias e propoñer solucións.

d) Estudia-los postos de traballo con maior índice de sinistralidade física e psíquica; elaborar un calendario de prioridades, co fin de ir establecendo os medios para a solución dos problemas e fixa-lo límite máximo admisible para a prevención de riscos determinados nos postos de traballo.

e) Investiga-las causas de accidentes e enfermidades, sexan ou non laborais, establecendo un control de absentismo laboral por estas causas e proporlle á Corporación as medidas para adoptar en cada caso.

O responsable do servicio elaborará un parte de cada accidente de traballo dándolle traslado dunha copia do correspondente parte ó comité de seguridade e saúde laboral.

f) Recoller información ante a presencia de risco grave inminente para a integridade física dos traballadores e promover, se é o caso, a paralización dunha actividade laboral, dando conta ó órgano competente.

g) Vixiar pola existencia e mantemento das correctas medidas hixiénicas en cada posto de traballo, e propoñe-las medidas necesarias para o correcto funcionamento das labores de limpeza e acondicionamento das dependencias municipais.

h) Recibir información previa á ampliación, creación ou traslado de dependencias e instalacións, implantación de novos métodos de traballo e, en xeral, calquera modificación ou alteración das condicións de traballo.

i) Defini-las necesidades e periodicidades de revisión e procesos de mantemento dos distintos equipos, máquinas, vehículos, ferramentas, materiais, etc.

j) Descubrir deficiencias nos procesos e operacións nas que por mala planificación ou emprego de métodos non axeitados se produzan riscos.

k) Descubrir hábitos de traballo inseguros que poidan indica-la necesidade de adestra-los traballadores.

l) Comproba-la correcta distribución e colocación do persoal nos distintos postos de traballo, evitando os casos nos que as ineptitudes ou impedimentos físicos poidan contribuír ós accidentes.

m) Propoñe-la adopción de medidas especiais nos servicios nos que os traballadores estean expostos a factores de risco específico (modificación de xornadas, traslados, quendas, etc.).

n) Elaboración dun plan de evacuación para situacións de urxencia nos diferentes centros de traballo.

o) Proporlle á corporación anualmente a partida orzamentaria dedicada á implantación e/ou mellora das condicións de traballo en materia de seguridade, hixiene e saúde laboral, atendendo prioritariamente os colectivos con maior índice de risco.

p) Redacta-la memoria anual de actividades realizadas, remitíndolle unha copia á Corporación.

q) Todas aqueloutras non recollidas no presente capítulo e definidas pola Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

C) Das actividades tóxicas, penosas e perigosas.

12.10. As tarefas que, no desenvolvemento da súa función, leven a cabo os traballadores, terán a consideración de tóxicas, penosas ou perigosas, segundo o establecido no presente texto, aínda cando a execución de tales actividades sexa inherente ó estricto cumprimento das obrigas laborais dos propios traballadores.

12.11. Terán a consideración de actividades tóxicas todas aquelas tarefas que supoñan a exposición continuada a fumes, gases, pos en suspensión e outras substancias que teñan a consideración de tóxicas ou nocivas para a saúde.

12.12. Terán a consideración de actividades penosas as tarefas que se executen en situación de exposición continua ou frecuente a ruídos, vibracións, fumes, lume, cheiros, brétemas e outras substancias que non poidan ser consideradas tóxicas, así como aqueloutras que, como consecuencia do seu desenvolvemento continuado, poidan chegar a producir risco para a integridade física ou a saúde, como o traballo en posturas incómodas ou forzosas, levantamento continuo de pesos, movementos continuados que supoñan esforzo físico e tarefas executadas en frecuente exposición ás inclemencias meteorolóxicas ou ambientais.

12.13. Consideramos actividades perigosas as susceptibles de producir lesión física, tales como de productos con riscos de producir explosión, inflamación, as tarefas que impliquen manipulación, expendeduría ou almacenamento de productos con risco de producir explosión, inflamación, radiación ou semellantes, ou o manexo de máquinas, vehículos ou ferramentas de traballo que poidan poñer en perigo a integridade física dos traballadores, así como as tarefas que frecuentemente se desenvolvan en situación de conflictividade ou inseguridade.

Considérase especificamente actividade perigosa o traballo realizado no mantemento da iluminación pública do concello, por parte dos electricistas municipais e a exposición continuada a pantallas de ordenador debido a radiación que poidan emitir.

O concello procurará renova-los monitores dos equipos informáticos a medida que se produzan avances tecnolóxicos para evitar estas.

12.14. A execución de actividades que teñan a consideración de tóxicas, penosas ou perigosas consonte o establecido no presente capítulo, compensaranse economicamente mediante específica remuneración do traballo realizado nesas condicións.

12.15. En calquera caso, procurarase resolver mediante a implantación das necesarias medidas de seguridade e saúde laboral as condicións de toxicidade, penosidade ou perigosidade.

Capítulo VI

Dereitos e garantías sindicais

Artigo 13º

A) Do dereito e actividade sindical.

13.1. Tódolos traballadores do Concello de Vimianzo teñen dereito a sindicarse libremente en defensa e promoción dos intereses profesionais, económicos e sociais que lles son propios como traballadores.

13.2. O concello dispensará a axeitada protección ós traballadores ó seu servicio contra todo acto antisindical que implique discriminación ou demérito relacionado co seu emprego.

A dita protección exercerase especialmente contra todo tipo de accións ou actuacións que persigan:

a) Influír nas condicións de emprego do traballador para que este se afilie ou non a unha central sindical, que deixe de ser membro dela, ou que renuncie á actividade sindical.

b) Fustigar ou relegar a calquera traballador no seu lugar de traballo, ou prexudicalo de calquera xeito a causa da súa pertenza a unha central sindical ou da súa participación nas actividades sindicais.

c) Condiciona-lo emprego público á esixencia de afiliación ou non a calquera central sindical, ou á esixencia de causar baixa sindical.

13.3. Os traballadores do concello, dentro ou fóra do seu centro de traballo, teñen dereito a dedicarse á correspondente acción sindical, no tempo e forma establecidos na Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical; Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación de persoal ó servicio das administracións públicas, e no disposto especificamente no presente acordo.

Para estes efectos, entenderase como ámbito material inmediato para a acción sindical no concello, os centros de traballo, considerándose como tales, tanto o propio de cada traballador como calquera outra dependencia, establecemento ou local pertencente ó concello, aínda que se encontre situado en sede fisicamente distinta.

13.4. Os dereitos recoñecidos ós traballadores neste capítulo exerceranse co debido respecto ás persoas e bens non inferindo na boa marcha do traballo e na atención ás necesidades do servicio.

B) Das seccións sindicais.

13.5. Os traballadores do concello afiliados a centrais sindicais legal e validamente constituídas e recoñecidas poderán constituír seccións sindicais de conformidade co establecido na lexislación vixente, e facer uso dos dereitos que a lei lles conceda.

C) Dos dereitos de reunión.

13.6. Os traballadores do Concello de Vimianzo poderán exerce-lo dereito de reunión cos requisitos e condicións subliñados nos artigos 41 e seguintes da Lei 9/1987.

13.7. Están lexitimados para convocar reunións do conxunto ou de parte do persoal do concello:

-Os representantes sindicais.

-As organizacións sindicais directamente ou a través dos delegados sindicais.

-Os delegados de persoal.

13.8. Os requisitos para realizar unha reunión serán os establecidos por lei.

13.9.

1. O concello facilitará os locais axeitados para que as reunións poidan ter lugar. As súas características e equipamento satisfarán as diversas necesidades que en canto á capacidade, dotación e instalación puidesen presentarse.

2. Cada centro de traballo poderá realizar asembleas dentro da xornada laboral dentro da primeira ou última media hora, con intervención e presentación sempre dalgún delegado sindical, debendo comunicarse a súa realización ó alcalde cunha antelación de dous días hábiles. Este período de media hora non se poderá computar negativamente para ningún efecto.

D) Dos dereitos de negociación e participación colectiva.

13.10. A negociación colectiva e participación na determinación das condicións de traballo dos traballadores efectuarase mediante a capacidade representativa recoñecida ás organizacións sindicais na Lei 11/1985, de liberdade sindical; Lei 9/1987, de órganos de representación e Lei 7/1990, sobre negociación colectiva.

Serán obxecto de negociación no Concello de Vimianzo, cos delegados sindicais e centrais sindicais representativas:

a) A determinación e aplicación das retribucións.

b) A preparación e deseño dos programas da oferta de emprego público.

c) A clasificación de postos de traballo.

d) A determinación dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

e) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción dos traballadores.

f) As propostas sobre dereitos sindicais e de participación.

g) As materias de índole económica, de prestación de servicios, sindical, asistencia e, en xeral cantas outras afecten ás condicións de traballo e ó ámbito de relacións laborais dos traballadores e representantes sindicais co concello.

13.11.

1. Para os efectos do disposto no artigo anterior constituirase unha mesa de negociación no ámbito do Concello de Vimianzo, na que estarán presentes os representantes da Administración pública correspondentes.

2. Por mutuo acordo das partes, designarase un traballador do concello para asumi-las funcións de secretario da mesa de negociación, que será o encargado de levanta-la correspondente acta de cada reunión, da que dará fe é que será ademais asinada por tódolos membros da mesa, encargarase tamén das tarefas

administrativas propias da preparación, convocatoria e publicidade da mesa de negociación.

13.12. En calquera caso, os representantes dos traballadores poderán facer constar, tanto na acta da reunión coma na parte expositiva da posterior resolución, dictame ou informe que emitan ó respecto os órganos da corporación, as discrepancias de calquera índole e os argumentos en que se fundamenta.

13.13. Consonte o establecido na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre os dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, o concello entregaralles ós órganos de representación sindical unha copia básica de tódolos contratos de relación laboral que realice no seu ámbito institucional.

E) Dos delegados de persoal.

13.14. O concello facilitará os medios técnicos e material necesarios para o normal desenvolvemento das funcións dos delegados de persoal:

-Local de reunións.

-Sala de asembleas.

-Fotocopiadora.

-Teléfono.

-Fax.

-Equipo informático.

-Material de oficina, etc.

13.15. Recoñécense tódolos dereitos sindicais establecidos por lei.

13.16. Fíxanse en 20 horas mensuais as de libre disposición para cada un dos delegados sindicais, debéndose xustifica-lo seu uso ante a Alcaldía, xa sexa con carácter previo para as que estean previstas de antemán, xa sexa con posterioridade á súa utilización para as demais.

13.17. Os delegados sindicais non poderán ser discriminados na súa promoción económica e profesional, en razón precisamente do desempeño da súa representación.

Capítulo VII

Selección do persoal. Provisión de postos de traballo

e fomento da promoción e formación

Artigo 14º

A) Da selección do persoal.

14.1. O ingreso do persoal ó servicio do Concello de Vimianzo realizarase respectando os principios básicos de acceso á función pública establecidos na Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública; Lei 4/1988, da función pública de Galicia; Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local e Real decreto lexislativo 781/1986, Real decreto 896/1991, de sistemas de acceso e programas mínimos, e supletoriamente o Real decreto 28/1990.

14.2. Os representantes sindicais do concello participarán nos tribunais de selección con voz e voto, polo que nomearán un titular e suplente no tribunal de cada convocatoria se hai unanimidade e tres se non hai acordo, dos que a Alcaldía elixirá titular e suplente. Estes membros terán que cumpri-los requi

sitos de titulación establecidos no artigo 32.2º da Lei 4/1988, da función pública de Galicia.

14.3. Clasificación de postos de traballo. O Concello de Vimianzo confeccionará a clasificación de postos de traballo, previamente negociada polo mesa de negociación, que será aprobada polo Pleno do Concello e será incorporada como anexo ó presente acordo.

B) Da provisión dos postos de traballo.

14.4. Mobilidade.

1. Os traballadores do Concello de Vimianzo teñen dereito ó cambio do seu posto de traballo, unha vez que se teñan producida vacante en postos de traballo de igual ou superior nivel, dentro do mesmo corpo, grupo e escala e en condicións de igualdade e con respecto ós principios de méritos e capacidade.

2. A provisión de postos de traballo vacantes axustarase ó establecido no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado.

3. Todo traballador que por razón da súa idade ou outras razóns, teña a súa capacidade diminuída para o desenvolvemento do seu traballo, o concello, previos informes preceptivos do médico e da comisión de persoal, destinará o traballador a outro posto de traballo acorde coas circunstancias sobrevidas e conservando as mesmas retribucións que teña consolidadas salvo que as do novo posto e destino sexan superiores e sempre que exista vacante.

No caso de non poder realizar función ningunha, iniciarase o correspondente expediente de xubilación por incapacidade.

C) Do fomento da promoción interna.

14.5. A promoción interna consiste no ascenso desde un grupo ou subgrupo de clasificación ó grupo ou subgrupo de clasificación inmediatamente superior.

14.6. Reservarase para promoción interna un 50% das prazas da oferta de emprego público de cada grupo de clasificación no conxunto anual, agás na subescala de servicios especiais onde se reservarán como mínimo un 50%, podendo reservarse ata un 75%.

14.7. En todo caso, os traballadores que participen en probas de promoción interna deberán ter, alomenos, unha antigüidade de dous anos no corpo ou escala a que pertenzan e posuí-la titulación e o resto dos requisitos establecidos con carácter xeral para o acceso ó corpo ou escala no que aspiran a ingresar.

14.8. O sistema de promoción será o de concurso ou concurso-oposición sen prexuízo de libera-los aspirantes de determinadas probas na fase de oposición, en función das realizadas para o acceso á Administración local.

14.9. Os que accedan ós grupos ou subgrupos polo sistema de promoción interna terán preferencia para cubri-los postos respecto do persoal de novo ingreso.

14.10. A preparación do plan de oferta de emprego público será negociada anualmente coa mesa de negociación.

D) Do fomento da formación.

14.11. O Concello de Vimianzo fomentará a formación profesional do persoal ó seu servicio. Neste eido, facilitará a realización de estudios, asistencias a cursos (en especial, os organizados pola Deputación Provincial da Coruña para o persoal da Administración local), congresos, feiras de mostras, conferencias e calquera evento que contribúa á formación profesional dos traballadores.

14.12. Cursos.

1. O concello aboaralles ós seus empregados os gastos ocasionados pola realización dalgún curso de aprendizaxe, ou por asistir a calquera acontecemento relacionado coa súa actividade profesional no ámbito da función pública, logo de xustificación dos gastos e autorización previa da Alcaldía.

2. Para posibilitar e favorece-la asistencia dos empregados a cursos ou actos formación, o concello dispoñerá os medios suficientes para a substitución do persoal no seu lugar de traballo. Os problemas que puidesen derivarse do anterior resolveraos a Corporación, logo do diálogo cos representantes sindicais dos traballadores.

3. Os empregados que cursen estudios académicos e de formación e perfeccionamento profesional terán preferencia para elixir quenda de traballo, se é o caso, e de vacacións anuais así como adaptación da xornada de traballo para asistencia ás clases ou cursos.

14.13. O concello organizará ou posibilitará a realización de eventos formativos para cada servicio ou escala, cun mínimo de 60 horas anuais para cada traballador (excluídas as correspondentes ós cursos de lingua galega) e fomentará e posibilitará a asistencia ós cursos e respectará a igualdade de oportunidades.

Capítulo VIII

Dereitos lingüísticos

Artigo 15º

15.1. Os traballadores ó servicio do Concello de Vimianzo teñen o dereito e o deber de desenvolve-la súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua oficial na Comunidade Autónoma, en participar, acceder a vías de formación lingüística en relación co servicio público e co perfil do posto de traballo, no marco das disposicións contidas no Estatuto de autonomía e Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia; Lei 5/1988, que regula o uso do galego nas entidades locais.

15.2. O Concello de Vimianzo establecerá, de acordo coas disposicións normativas citadas e coas que poidan dictarse nese ámbito, as medidas adecuadas para lles garantir ós seus empregados o exercicio pleno e sen restriccións dos dereitos recollidos neste capítulo, nos niveis oral e escrito do uso do idioma galego.

Estas medidas incluirán necesariamente, entre outras, as seguintes:

a) A elaboración dun plan de formación lingüística para o persoal.

b) A regulamentación da avaliación de coñecemento do idioma galego para os efectos de acceso, promoción interna e provisión de postos de traballo.

c) A implantación de sistemas de traballo que aseguren o exercicio do dereito dos traballadores do concello a desenvolve-la súa actividade laboral en galego.

d) A adopción das medidas imprescindibles tendentes a garanti-lo dereito dos administrados a seren atendidos na lingua oficial de Galicia.

15.3. Os traballadores teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do idioma galego organizados polo concello fóra do horario de traballo.

15.4. Para potencia-lo emprego do idioma galego no Concello de Vimianzo e garanti-lo dereito dos administrados ó uso do galego nas súas relacións coa Administración pública, nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas incluirase unha proba de coñecemento de lingua galega, conforme o establecido na Lei da función pública de Galicia.

Capítulo IX

Réxime disciplinario

Artigo 16º

1. A Corporación Municipal comprométese a esgota-la vía do diálogo e da información reservada previa á iniciación de expediente disciplinario a calquera traballador do Concello de Vimianzo.

2. Os delegados sindicais dos traballadores serán oídos nos expedientes disciplinarios que se incoen contra traballadores do concello tanto na fase de instrucción coma na de resolución deste, sempre que exista petición expresa neste sentido pola parte do inculpado. Neste eido, notificaráselles a estes da iniciación, tramitación e resolución de tódolos expedientes disciplinarios que se incoen. Así mesmo, terán dereito a seren oídos en comparecencia directa polo xuíz instructor e pola autoridade ou órgano competente en materia sancionadora, logo de adopción de resolución.

3. En todo caso, en calquera das fases do procedemento, gardarase total discreción en canto á identidade do traballador en cuestión e dos feitos que se lle imputen.

4. Sempre que se inicie expediente disciplinario deberá poñerse fin ó procedemento coa correspondente resolución por parte do órgano competente. A resolución deberá ser motivada e nela non se poderán aceptar feitos distintos dos que serviron de base ó prego de cargos e á proposta de resolución.

5. En todo caso, os traballadores do concello estarán suxeitos ó réxime disciplinario establecido con carácter xeral para toda a función pública e normas legais vixentes.

Disposicións.

Primeira.-As contías correspondentes a bolsas de ensino, gratificación por xubilación e horas extraordinarias incrementaranse anualmente segundo o incremento salarial que estableza a Lei de orzamentos do Estado para ese ano.

Segunda.-Para o non previsto nos puntos deste convenio aplicarase o que dispón a lexislación vixente.

Terceira.-Este convenio, unha vez asinado polas partes, tramitarase urxentemente para a súa inclusión pola Corporación no primeiro Pleno que teña lugar.

Pola empresaPolos representantes sindicais

ANEXO I

Organización de grupos, salario base, antigüidade,

horas extras e complementos para o ano 2000

GrupoSalario

base

Antigüid.H. E.

diúrna

H. E.

nocturna

1-A: titulados superiores.161.1866.1912.0002.300

2-B: titulados medios136.8034.9531.8002.000

3-C: técnicos, técnicos especialistas (electricidade, informática, delineación, puericultura, máquinas eléctricas, etc.), auxiliar biblioteca e administrativos101.9773.7171.6001.900

4-D: oficiais de obras, oficiais electricistas, oficiais de servicios múltiples, auxiliares administrativos, auxiliares administrativos de servicios, policía local, encargados de servicios, etc.83.3842.4831.3001.600

5-E: operarios de servicios múltiples, axudantes, auxiliares domésticas, peones, obreiros especializados, alguaciles, conserxes, vixilantes, peóns limpeza, etc.76.1231.8621.0001.300

ANEXO II

Vestiario

A) Policía local:

1 traxe.

1 gorra.

1 par de zapatos.

1 par de botas.

2 camisas.

1 garavata.

1 cazadora.

B) Persoal electricista:

2 traxes de augas.

1 uniforme traballo.

1 cazadora.

1 par botas seguridade.

C) Persoal recollida limpeza viaria:

1 par de luvas.

2 fundas.

2 pares botas/zapatos.

1 cazadora.

1 traxe auga.

D) Persoal servicio augas:

3 fundas.

2 pares zapatos seguridade.

1 casco.

1 cazadora.

1 traxe auga.

E) Persoal limpeza oficinas:

2 batas.

2 pares zocos.

F) Persoal auxiliar de fogar:

2 batas.

2 pares zocos.

G) Conserxe castelo:

2 traxes azul mariño.

1 par de botas.

1 cazadora.

ANEXO III

Don/Dona..., DNI... (1) ... (2) ...

deste concello, por medio da presente,

Expoño:

Que segundo resulta do Plan Anual de Vacacións do persoal do Concello de Vimianzo para 200..., correspóndeme desfrutar do período vacacional que vai desde ...

Por medio da presente, comunícolle que desde a dita data comezarei a desfrutar do período vacacional sinalado.

Vimianzo, ... de ... de 200...

(3)... Informado e conforme,

Asdo.

(1) Funcionario/persoal laboral.

(2) Administrativo, auxiliar, conserxe, operario/a.

(3) O alcalde ou concelleiro de persoal.

Alcalde-presidente do Concello de Vimianzo

Proposta de vacacións

Don/Dona..., con DNI... (1) ... (2) ... deste concello, por medio da presente,

Expón:

Que para o presente ano 200... desexa desfrutar das vacacións dun mes que legalmente lle corresponden durante o período seguinte:

(3) ...

E polo que,

Solicita:

Que, tendo en conta as necesidades do servicio, me sexan concedidas as vacacións dentro das datas sinaladas anteriormente e, no suposto de que non puideran selo, se concedan no seguinte período:

...

Vimianzo, ... de ... de 200...

(1) Funcionario/persoal laboral.

(2) Administrativo, auxiliar, porteiro, asistente social, operario/a.

(3) Do 1 ó 15 de ..., do 16 ó 30/31 de..., ou do 1 ó 30/31 de ...

Alcalde-presidente do Concello de Vimianzo

A) Persoal funcionario.

Código postoDenominación postoGrupoAntigüidadeNivel C.D.C. específico

* Área Secretaría Xeral

SEF-01SecretaríaA15-3-1999282.417.184

SEF-02Operador equipo informáticoC1-2-198922954.144

SEF-03Administrativo servicios xeraisC10-6-1961221.613.508

SEF-04Auxiliar servicios xeraisD1-4-199318854.040

SEF-05Auxiliar secretaríaDVacante16600.120

SEF-06Conserxe municipalE1-10-199612508.884

* Área Regulación Económica

REF-01InterventorAVacante261.590.240

REF-02Operador informático sección contabilidadeC10-1-1978221.717.464

* Área Seguridade Cidadá

SEF-01Garda Policía localD1-9-197014637.968

SEF-02Garda Policía localD16-1-197814637.968

* Área Servicios Sociais

SSF-01Asistente socialBVacante23660.000

B) Persoal laboral fixo.

Código postoDenominación postoGrupoAntigüidadeRetrib. anual

* Área Servicios Xerais

SXL-01Operaria limpeza oficinas (œ xornada)5-E27-2-19871.064.000

SXL-02Operario servicios municipais5-E14-8-19962.577.848

* Área Servicios Sociais

SSL-01Asistente social2-B16-5-1995798.144 (1)

* Área Sanidade

SANL-01Limpadora centro de saúde (œ xornada)5-E1.022.868

SANL-02Limpadora centro de saúde (œ xornada)5-E1.022.868

* Área Instalacións e Iluminación Pública

INSL-01Oficial electricista4-D10-9-19912.904.819

* Área abastecemento auga

ABAL-01Encargo servicio auga5-E2-1-19952.489.298

* Área Recollida Lixo e Limpeza Viaria

LIML-01Operario conductor camión lixo5-E14-8-19932.577.848

LIML-02Operario limpeza viaria5-E4-11-19972.060.226

LIML-03Operario camión lixo5-EVacante2.058.364

* Área Cultura

CUL-01Auxiliar biblioteca3-C1-9-19952.303.862

CUL-02Conserxe castelo5-E1-11-19951.633.240

(1) Consígnase unha cantidade aproximada para catro meses, xa que esta praza se amortizará unha vez levado a cabo o concurso de promoción da praza de funcionario que se crea.

C) Persoal laboral de duración determinada

Código postoDenominación postoGrupoNº de postosRetr. mensual

* Área Servicios Xerais

SXT-01Limpadora locais (œ xornada)5-E173.062

* Área Servicios Sociais

SST-01Auxiliar axuda no fogar (œ xornada)5-E169.400

* Área de Emprego e Desenvolvemento Local

EDT-01Axente de emprego e desenvolvemento local2-B1242.954

* Área Instalacións e Iluminación Pública

IPLT-01Técnico mantemento maquinaria instalacións3-C1146.977

* Área Abastecemento de Auga

AAT-01Operario servicio auga4-D1144.219

AAT-02Auxiliar servicio auga4-D1138.384

* Área Recollida Lixo e Limpeza Viaria

RLT-01Peón recollida lixo5-E1141.348

* Área Cultura

CUT-01Animadora sociocultural2-B1178.500

CUTMonitores obradoiros culturaisS/Conv.6segundo Subv.

* Área Deportes e Lecer

DET-01Animador deportivo2-B1156.060

DET-02Socorrista monitor piscina2-B1156.060

DET-03Vixilante piscina4-D1106.123

DET-04Limpadora piscina (œ xornada)5-E163.062

DETMonitores escolas deportivasS/Conv.5segundo Subv.